Venres, 2 Maio de 2025

Mondariz Balneario

As Neves, Crecente, Nigrán, Tui, Mondariz-Balneario, Salvaterra, Mondariz e Covelo avanzan na transformación dixital coa Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar os convenios de colaboración con 19 concellos da provincia para avanzar na transformación dixital e modernización dos mesmos grazas a unha achega de 2,52 millóns de euros dos fondos Next Generation.

O Balneario de Mondariz acolle a primeira cena temática cun xogo de rol en vivo

O Balneario de Mondariz acolle a primeira cea temática a partir dun xogo de rol en vivo ambientada na historia da vila termal. Unha idea de Manu Sánchez e Realidade Alternativa que desenvolveron previamente “A Poxa”, unha actividade nos xardíns do Gran Hotel ambientada nos anos 20 e nas festas da alta sociedade no establecemento.

Unha exposición de postais antigas percorre os 150 anos de Balneario de Mondariz

O Balneario de Mondariz acolle unha exposición de postais antigas, emitidas entre 1880 e 1932 que recolle os recordos dos “aguístas” que pasaron as súas vacacións estivais na vila termal. Retrincos de historia que pertencen á colección privada de postais máis importante de España sobre Balneario de Mondariz, propiedade do vigués Manuel García Prado.

Mondariz Balneario acolle este sábado 29 o concerto de ‘Santana Swing’ ao abeiro do programa «Musigal» da Deputación

O son do jazz soará esta última fin de semana de xullo en Mondariz Balneario a través da actuación de Santana Swing, enmarcada no programa Musigal, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra para contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia. O concerto terá lugar este sábado 29 a partir das 22:00 horas nos Xardíns do Gran Hotel da vila.

O Balneario de Mondariz cumple 150 anos

O Balneario de Mondariz cumpre 150 anos e conta con celebrarlo dunha forma moi especial: o brinde co “auga de la Fuente de Gándara” de todo o seu equipo actual, 150 familias, por moitos anos máis.

A innovación do Balneario de Mondariz destaca no Congreso Nacional de Uroloxía

A historia médica do Balneario de Mondariz foi destacada no LXXXVI Congreso Nacional de Uroloxía celebrado en Granada, da man do Dr. Fernando Domínguez Freire que baseou o relatorio, “Uretrotomía interna segundo Maissoneuve, á mantenta de recordos clínicos no Balneario de Mondariz con noticias da uroloxía española”, nos traballos realizados no establecemento termal e que xa son parte da historia da uroloxía española.

Mondariz Balneario contará cunha nova sala multiúsos

A Xunta de Goberno da Deputación ven de aprobar unha achega de 69.305,25 € para Mondariz-Balneario no marco da liña 1 do Plan Concellos co fin de financiar o proxecto de acondicionamento do primeiro andar do inmoble no que se atopa o Centro de Saúde da vila, situado no número 2 da rúa Enrique Beotas.

Mondariz Balneario celebrará o Día Europeo do Patrimonio Termal 2023

Balneario de Mondariz e o Concello de Mondariz Balneario únense para acoller o Día Europeo do Patrimonio Termal 2023, que reunirá na vila termal o próximo mes de outubro a todos os membros da Asociación de Vilas Termais Europeas, así como a figuras relevantes internacionais que defenden o termalismo como motor histórico, económico, médico e turístico.

Árbores de Mondariz Balneario, incluidos no catálogo de árbores senlleiras

A Xunta acaba de incorporar ao Catálogo galego de árbores senlleiras unha Criptomeria xaponesa e uns Alciprestes de Portugal, localizados en ambos casos no concello pontevedrés de Mondariz-Balneario.

SOS Fonte de Troncoso pide aos partidos políticos de Mondariz Balneario que declaren a vila como BIC

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo publicou no BOE, o pasado día 12 de abril, unha convocatoria de bases reguladoras para o "Programa de mejora de la competitividad y de dinamización del Patrimonio Histórico con uso turístico".

Chega o Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024 da Xunta a O Condado e A Paradanta

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, destina unha achega de 524.624 euros a prol dos nove concellos das bisbarras do Condado e A Paradanta ao abeiro do Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024.

O Defensor del Pueblo abre unha investigación pola inacción da Xuntaen relación ao estado do Hotel Roma de Mondariz Balneario

En outubro de 2019 a plataforma SOS Fonte de Troncoso presentou unha denuncia ante a Consellería deCultura da Xunta de Galicia e o Concello de Mondariz Balneario polo estado ruinoso do Hotel Roma, un edificio catalogado e protexido que forma parte do Catálogo de Bens Culturais de Galicia. Con todo, a Asociación nunca obtivo resposta do Goberno galego, de aí que optaran por presentar unha queixa formal ante o Defensor del Pueblo, con sede en Madrid.