O Concello das Neves ven de rematar a primeira fase do proxecto de mellora do entorno e integración paisaxística da praia de Porto Maior. Os traballos desta primeira actuación consistiron na retirada de especies invasoras e roza da área que rodea a praia dende a beira do río ata a vía de acceso.
O Concello das Neves decidiu manter a colocación do alumeado especial de Nadal, como medida para facer máis acolledoras as rúas e contribuír a mitigar efecto negativo que está tendo a situación sanitaria actual.
Concello das Neves vén de encargar á empresa Galivalia Consulstgo a realización da nova Relación de Postos de Traballo (RPT) que comprenderá os traballos logo descritos.
O Concello de As Neves ten unha profunda conciencia e compromiso, sobre a urxente necesidade de resolver diversas problemáticas existentes ao longo do seu Termo Municipal, en materia de accesibilidade e mobilidade.
A concelleira de Ensino, Pilar González Casas, visitou os centros educativos das Neves, xunto coa coordinadora da empresa Talentea, coa finalidade de presentar ás direccións correspondentes as actividades a desenvolver dentro do proxecto de intervención socio-educativa para o fomento da igualdade entre o alumnado.
O Concello das Neves ten en marcha actualmente seis proxectos de rehabilitación de vivendas situadas en tres parroquias diferentes da vila. As mesmas foron seleccionadas pola Concellería de Servizos Sociais, dacordo co informe do persoal técnico de urbanismo municipal. Máis polo miúdo, están iniciadas xa todos os traballos: 3 en Tortoreos, 2 en San Cibrán e 1 en San Xosé de Ribarteme.
A Concellería de Vías e Obras, que dirixe o primeiro tenente de alcalde das Neves, Marcelino Couto, vén de rematar a reposición do pavimento do camiño no barrio do Reguengo, na parroquia de Tortoreos, unha actuación moi demandada polos veciños.
O Concello das Neves anuncia a súa participación nun programa de formación para maiores da Universidade de Vigo, un proxecto de democratización do coñecemento, titulado "Mareas de coñecemento e experiencia". Trátase dun programa de interese público que garante o dereito de todas as persoas ao acceso á educación superior independentemente da súa idade, xénero, domicilio ou recursos.
O Consello escolar, a dirección do centro, a ANPA, o Concello e o alumnado do IES Pazo da Mercé de As Neves denuncian que, logo dun mes de clase, a Consellaría de Educación segue sen lles dar solución a graves problemas que afectan directamente tanto á calidade do ensino coma á seguridade.
Dende principios desta semana, estudantes en prácticas ou que obtiveron o seu título recentemente comezaron a traballar nas instalacións do Concello.
Coa financiación da Deputación de Pontevedra e a través do 'Plan O Teu Primeiro Emprego', unha Traballadora Social e un Enxeñeiro Técnico Agrícola iniciaron cadanseu contrato cunha duración de seis meses, prorrogables ata un ano.
Financiado integramente cos fondos de compensación ambiental, por un valor de 14.541,65 €, vén de acometerse a obra no cadro do barrio da Moreira, na parroquia de Taboexa.
Os traballos consisten no cambio do cadro de mando e de 29 puntos de luz. As características das novas luminarias de corpo de aluminio son unha potencia de 31,1 Watios e 3000 Kelvin de temperatura ou color.
A Asociación Forestal de Galicia (AFG) está desenvolvendo este outono un amplo programa de formación en toda a comunidade orientado a mellorar a silvicultura. Un dos próximos cursos abordará a certificación forestal, un sistema que garante a xestión sostible do monte e que é cada vez máis demandado no mercado.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.