Luns, 5 Maio de 2025

Salceda de Caselas

Salceda tratará o ‘catastrazo’ do Ministerio de Hacienda nun Pleno Extraordinario

O vindeiro xoves, 15 de abril, celebrarase un Pleno Extraordinario no Concello de Salceda para tratar diferentes iniciativas que ofrezan facilidades á veciñanza á hora de facer fronte aos pagos derivados do proceso de regularización que está a levar a cabo o Ministerio de Hacienda a través da Xerencia do catastro. O Pleno foi solicitado polo Partido Popular de Salceda con dous puntos na orde do día, e ámbolos dous casos coinciden coas iniciativas do equipo de Goberno, que xa puxo en marcha os dous procesos antes de que fosen solicitados por parte do Partido Popular.

Salceda de Caselas endurece os controis Covid para seguir mantendo os 0 casos activos

Garda Civil e policía local intensificaron os controis COVID nos últimos días no municipio de Salceda de Caselas, que se mantén con 0 casos activos de coronavirus dende o pasado 23 de marzo. Precisamente para poder manter ese excelente dato, nestes días estanse a intensificar as tarefas de vixianza no que ás medidas Covid se refire, pois co remate da Semana Santa e cos datos nada esperanzadores que chegan e que fan temer unha inminente cuarta onda, faise imprescindible un maior esforzo aínda no cumprimento da normativa.

As socialistas de Salceda elevan ao Parlamento de Galicia o abandono da Xunta en materia de emprego

A deputada do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Paloma Castro, visitou Salceda de Caselas para, acompañada pola portavoz e tenente de alcaldesa, Verónica Tourón, coñecer sobre o terreo a situación dos desempregados e desempregadas do municipio. No decurso da visita, Verónica Tourón informou a Paloma Castro que a Xunta de Galicia "rexeitou a solicitude dun novo Programa Integrado de Emprego que daría posibilidades de inserción laboral e mellora da empregabilidade a 100 veciñas e veciños de Salceda".

A Xunta adxudica a construción da nova senda peonil e ciclista en Parderrubias, en Salceda de Caselas

A Xunta vén de adxudicar as obras da nova senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-411, en Parderrubias, no concello de Salceda de Caselas, por un importe de máis de 710.000 euros.

O Ministerio de Hacienda envía 15.500 notificacións de Catastro á veciñanza de Salceda

O Concello de Salceda de Caselas segue a atender á veciñanza afectada polo procedemento iniciado de oficio polo Ministerio de Hacienda a través do Catastro nos concellos de Mos, O Porriño, Bueu e Salceda. A oficina habilitada con catro persoas leva atendido xa máis de 600 notificacións nestas dúas semanas, que fundamentalmente responden a erros de titularidade e/ou medicións. A próxima semana a oficina funcionará tamén polas tardes, para poder deste xeito atender a un maior número de persoas.

A Xunta destaca en Salceda de Caselas a implicación de Afaga na atención a persoas con Alzhéimer e as súas familias

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou onte o novo centro de día que a Asociación de Familias de Persoas con Alzheimer de Galicia (Afaga) inaugurou en Salceda de Caselas.

Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e O Porriño súmanse cunha pancarta á dor das familias afectadas polo tráxico accidente do venres

As alcaldesas de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira; Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel e O Porriño, Eva García, xunto con representantes da policía local e o grupo de protección civil de Salceda, sumáronse en nome da veciñanza dos tres Concellos á dor das familias afectadas polo tráxico accidente que tivo lugar na noite do pasado venres.

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo do novo ramal de saneamento en Santo Estevo de Budiño, no concello de Salceda de Caselas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a redacción do proxecto construtivo do novo ramal de saneamento en Santo Estevo de Budiño, no concello de Salceda de Caselas.

A Deputación aproba novos investimentos para Baiona, Covelo e Salceda de Caselas

O Plan Concellos, co que a Deputación de Pontevedra fomenta a cooperación, o equilibrio territorial e o respecto á autonomía local, achegará recursos a outros 13 concellos da provincia cos novos investimentos aprobados hoxe en Xunta de Goberno por importe de máis de 580.000 euros.

Deputación e Concello de Salceda recuperan a antiga escola de Vendanova para convertela nun centro integral de atención a persoas con Alzhéimer

A Deputación de Pontevedra vén de dar un novo impulso á mellora da calidade de vida da veciñanza do Concello de Salceda de Caselas nos ámbitos da asistencia social e o deporte coa rehabilitación integral da antiga Escola de Vendanova e a mellora das instalacións deportivas municipais do campo de Penedo Redondo. O deputado de Cooperación Municipal Santos Héctor visitou, xunto á alcaldesa Loli Castiñeira, e tenente de alcalde, Verónica Tourón, as novas instalacións, que contaron cun investimento total de 187.239 euros ao abeiro do Plan Concellos.

A Xunta completará o saneamento na parroquia de Santo Estevo de Budiño en Salceda de Caselas

A Xunta completará o sistema de saneamento da parroquia de Santo Estevo de Budiño, no concello de Salceda de Caselas. Augas de Galicia, organismo dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, vén de encargar a redacción do proxecto construtivo, unha vez constatada a posta á disposición dos terreos necesarios por parte dos veciños.

O BNG esixirá no Parlamento o aumento de persoal médico e de enfermaría no Centro de Saúde de Salceda de Caselas

O BNG presentará no Parlamento Galego novas iniciativas para esixir que a Consellaría de Sanidade e o SERGAS cumpran co compromiso de aumentar persoal médico e de enfermaría no Centro de Saúde de Salceda de Caselas. O deputado Luís Bará visitou o xoves 4 de marzo o centro, para coñecer a situación en que se desenvolve a asistencia sanitaria; recolleu información e a demanda de melloras que lle comunicaron membros da Xunta Directiva da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Salceda.