Luns, 5 Maio de 2025

Salceda de Caselas

Salceda continua coa súa aposta pola cultura segura no seu Verán Cultural

A Concellería de Cultura e Festexos, dirixida por Alex Rodríguez, ven de presentar, acompañado pola alcaldesa, Verónica Tourón, a programación do Verán Cultural e as Festas do Cristo, que este ano por mor da COVID19 manteñen o formato do ano pasado.

A Xunta inicia esta semana traballos de roza e limpeza nas estradas de Salceda de Caselas

A Xunta iniciará esta semana os traballos de roza e limpeza nas marxes das estradas autonómicas PO-308 e PO-399, ao seu paso polos concellos de Sanxenxo e de Salceda de Caselas, respectivamente.

A Xunta mellorará o firme das estradas PO-510 e PO-400 en Salceda, O Porriño, Salvaterra e As Neves

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por preto de 800.000 euros as obras de mellora do firme das estradas autonómica PO-510 e PO-400, nos concellos do Porriño, de Salceda de Caselas, de Salvaterra de Miño e das Neves.

Salceda aposta pola segunda edición do Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero

A tenente de alcaldesa e concelleira de igualdade de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira presentou esta mañá a segunda edición do Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero que empezou a desenvolverse a pasada semana e que seguirá durantes os meses de xullo, agosto e setembro.

Salceda reafirma a súa aposta pola hostalería e o comercio con axudas directas de 500 euros

O Pleno da Corporación Municipal de Salceda de Caselas aprobou, na sesión plenaria celebrada este pasado xoves, as axudas directas ás persoas autónomas e pequenas empresas. Con esta iniciativa o Goberno local reafírmase no seu compromiso de axudar a paliar a situación que atravesan comercio e hostalaría debido a crise sanitaria.

A Deputación aprobará novas achegas para Tui, Salceda, Mos e Ponteareas

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra dará o visto bo este venres a recursos por máis de 1,8 millóns de euros para outros nove municipios da provincia ao abeiro das liñas 1 e 2 do Plan Concellos 2021.

Os Concellos de Tui, Salceda de Caselas, Mondariz e Salvaterra de Miño deciden a non apertura das piscinas

Os Concellos de Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Mondariz veñen de reunirse novamente para tratar o delicado asunto das Piscinas Municipais para este verán.

Crecente, Nigrán e Salceda de Caselas entre os beneficiarios da nova liña do Plan Concellos da Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar un novo investimento de 511.860€ ao abeiro da Liña 2 do Plan Concellos 2021, co que a institución provincial financiará un total de 15 achegas.

Salceda aproba por unanimidade a rebaixa do IBI ao 0,40

O Pleno da Corporación Municipal de Salceda de Caselas ven de aprobar a modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do imposto de bens inmobles (IBI) marcando o tipo nun 0,40%, no lugar do 0,50% existente ata o de agora.

Movemento Salceda e PSOE corroboran a firmeza do pacto de Goberno co relevo na Alcaldía

Movemento Salceda e PsdeG-PSOE ofreceron onte unha rolda de prensa conxunta para anunciar o cambio na alcaldía de Salceda de Caselas, relevo que se fará efectivo o vindeiro día 15 xuño, aos dous anos exactos de mandato.

Salceda e As Neves asinan un convenio para ceder, por parte das Neves, unha biotrituradora de refugallos de poda

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, e o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, asinaron este venres, acompañdos polos concelleiros de Medio Ambiente dos dous concellos, Rubén González Coto, e Óscar González, un convenio que regula a cesión gratuita, por parte das Neves, dunha máquina trituradora de refugallos de poda e reciclaxe de refugos vexetais.

Salceda acolle, este sábado, o primeiro Torneo de Balonmán Cadete Feminino

Para despedir a tempada, o adestrador do Balonmán Caselas, Richi, vén de organizar o 'l Torneo Cadete Concello de Salceda' que se celebrará este vindeiro sábado 29 de maio, dende as 9:30 horas no Pavillón Municipal de Salceda. O torneo nace coa finalidade premiar ao grupo de xogadoras do BM Caselas que, neste complicado ano, competiron a moi bo nivel.