Xoves, 8 Maio de 2025

Salceda de Caselas

Concello de Salceda e Policía Local elaboran un mapa de puntos negros para detectar e intervir nos espazos perigosos para as mulleres

A Concellería de Igualdade de Salceda de Caselas, dirixida por Loli Castiñeira, vén de presentar un Mapa de Puntos Negros conxuntamente cun documento que detecta os espazos que poidan resultar perigosos ou inseguros para as mulleres da localidade. Este traballo pretende visibilizar todos aqueles lugares nos que, polas súas características, existe mais risco de acoso, abusos ou agresións sexuais sobre as mulleres.

Salceda incorpora a dúas novas persoas como auxiliares de Policía

O Concello de Salceda de Caselas incorporou dúas persoas como auxiliares de Policía Local, que formarán parte da plantilla inicialmente ata mediados do mes de abril, coa posibilidade de ampliación de contrato por tres meses máis.

O Entroido volve a Salceda este ano

O Concello de Salceda de Caselas, en coordinación cos barrios da Feira e do Castro Barreiro traballa xa na organización do Entroido 2022, unha cita clave na axenda cultural do municipio e referente en todo o país, que volverá celebrarse logo do parón do pasado ano por mor da Covid-19.

Salceda, O Porriño e Mos renovan as súas infraestructuras cunha achega da Consellería de Deporte

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou na mañá de hoxe os tres concellos onde a Xunta de Galicia levou a cabo obras de renovación das súas infraestruturas deportivas a tenor dos convenios de colaboración asinados cos gobernos locais.

A Xunta ampliará o IES Pedras Rubias para incorporar o bacharelato

A Xunta de Galicia vai investir preto de 2,2M€ nas obras de ampliación do instituto IES Pedras Rubias, de Salceda de Caselas, co que se garantirá a incorporación das ensinanzas de Bacharelato.

O Concello de Salceda informa sobre os atrasos do IBI 2018

O Concello de Salceda de Caselas vén de facer pública unha nota informativa dirixida á veciñanza en relación cos recibos dos atrasos do IBI de 2018 recibidos nas últimas semanas. O Concello sinala que ante os múltiples erros detectados o ORAL comprometeuse a emitir novamente estes recibos, aos que non se lle practicou o desconto.

Os populares de Salceda doaron dúcias de quilos en alimentos

Un ano máis, o grupo Popular no Concello de Salceda de Caselas, que forman Joaquín Núñez, Ana Cristina Pérez, Primitivo González, Ángela Valcárcel, Noelia Pérez e o seu voceiro, Santiago Rodríguez Davila, veñen de anunciar a doación de alimentos.

Entran en vigor as medidas do Concello de Salceda de Caselas para paliar os efectos da subida do IBI

O Pleno da Corporación Municipal de Salceda de Caselas ven de aprobar por unanimidade as medidas fiscais encamiñadas a minimizar as consecuencias e corrixir as inxustizas derivadas do procedemento simplificado de valoración catastral iniciado pola Dirección Xeral de Catastro no Concello de Salceda.

O GDR Condado-Paradanta financiará seis proxectos da comarca

A Asociación de Desenvolvemento Rural (GDR) do Condado Paradanta aprobou os proxectos subvencionables ao abeiro do Programa Leader Galicia 2014-2020, xestionado polo propio GDR a través da Consellería do Medio Rural.

O Consello Veciñal de Salceda comeza a súa andaina con 44 colectivos

Na última sesión plenaria do ano aprobouse por unanimidade a creación de cinco consellos sectoriais, despois de acordalo na sesión constitutiva do consello veciñal do pasado 16 de decembro.

O Concello de Salceda entrega os premios do seu 1º Concurso #ConSalceda de Pinchos e Tapas

O Concello de Salceda de Caselas entregou os premios do 1º Concurso “Consalceda Pinchos e Tapas”, tralo éxito obtido nesta primeira edición celebrada entre o 19 e o 28 de novembro.

A Deputación concede subvencións para retirar simboloxía franquista

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Patrimonio e do departamento de Memoria Histórica, axudará a seis concellos da provincia (Baiona, A Guarda, As Neves, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas e Salceda de Caselas) a retirar simboloxía franquista de diferentes construción no seu espazo público.