Sábado, 12 Xullo de 2025

A Louriña

Volven as clases de defensa persoal no Porriño

As clases de autodefensa para mulleres, impulsadas pola Concellería de Igualdade, volven este sábado tras o parón estival. Impartiranse no ximnasio “Jovhen Sport”, de 10 a 12 horas.

SOS Porriño adáptase ás necesidades para prestar un servizo máis xusto

O Goberno Municipal conseguiu onte o respaldo do pleno á proposta de modificación das bases que regulan o banco municipal de alimentos, SOS Porriño.

Preto de 200 patinadores de toda Galicia dánse cita na II Fase Categoría Rexional de Patinaxe Artística

O Clube de Patinaxe Artística Rosaleira de Mos e a Federación Galega de Patinaxe organizan esta fin de semana a II Fase Categoría Rexional de Patinaxe Artística, que foi presentada esta mañá no salón de Sesións do Concello de Mos.

O Concello de Mos incumpriu as bases do Plan Concellos cun cartel propagandístico

A colocación dun cartel propagandístico por parte do Concello de Mos sobre as inminentes obras da senda peonil do Foxo Vello, na parroquia de Pereiras, aproveitando a celebración das festas da parroquia pon en risco a subvención de 406.926,42 euros solicitada ao abeiro da convocatoria do Plan Concellos 2022-23.

Volta ao cole con normalidade no Porriño

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación, Carolina González, acompañaron onte ao xefe territorial de Educación, César Pérez Árez, e aos directores e directoras dos centros educativos do Porriño no acto de inauguración do curso escolar no municipio.

A fin de semana sáldase con catro detidos no Porriño

A Policía Local do Porriño informou da detención de catro persoas esta fin de semana no Porriño.

O Porriño acolle esta fin de semana unha nova edición de «Merca na rúa»

O Porriño acolle esta fin de semana a XXVI edición da feira de oportunidades 'Merca na rúa', que como sempre se desenvolverá na zona peonil do centro urbano da vila. Participarán máis de vinte stands con ofertas nunha ampla de produtos e sectores. Roupa, calzado, óptica, mercería ou accesorios son algún dos artigos nos que poderedes conseguir descontos desde 60 % ata o 70 %.

O Porriño amplia o prazo para inscribirse no certame musical «Tes talento?»

A concellería de Cultura do Concello do Porriño, que dirixe Bienvenido Estévez, vén de ampliar o prazo para inscribirse no concurso musical «Tes Talento?», que se celebrará este mes de setembro no marco das Festas do Cristo 2022. A inscrición poderá formalizarse ata o 12 de setembro no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres en horario de 9 h a 14 h.

O servizo de atención temperá do Porriño comezará a súa actividade en outubro

O servizo de atención temperá do Porriño iniciará a súa actividade no mes de outubro. Trátase dun servizo moi demandado no Porriño que ata o de agora nunca se prestou e que servirá de guía profesional a moitas familias para tratar posibles trastornos do desenvolvemento nos nenos e nenas de 0 a 6 anos a través dunha actuación conxunta e interdisciplinar imprescindible que dea unha resposta global ás súas necesidades.

O CRC do Porriño acolle a exposición “Punto de encuentro”

O Círculo Recreativo Cultural acolleu onte a inauguración da mostra que recolle os traballos dos artistas da asociación O Porriño Arte.

Mos e O Porriño amosan o seu desacordo coa postura de Vigo ante o risco de seca en Eiras

Os Concellos de Mos e O Porriño participaron na reunión convocada por Vigo con motivo do risco de seca na área abastecida por Eiras.

As obras do Centro Social da Devesa grazas á Deputación completan a transformación de Salceda

A “porta de entrada” a Salceda, a través do antigo Campo da Feira, completa a súa transformación da man da Deputación de Pontevedra.