Debido a que a EDAR de PETELOS ten unha serie de deficiencias que impiden un tratamento adecuado e que os gastos enerxéticos e de mantemento non están xustificados polo grao de depuración realizado, o Consorcio de Augas do Louro, licitou recentemente a obra para anulala e executar un pozo de bombeo.
As obras de reconstrución da Capela do Cristo darán comezo nos próximos meses. O Concello do Porriño concedeu a licencia de obra á Diócese de Tui-Vigo para o comezo dos traballos de reparación da cuberta do templo antes de seis meses.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, acompañaron ao alumnado do colexio de Petelos no seu primeiro día da actividade extraescolar de Inglés financiada polo Concello de Mos que comeza esta semana nos 5 CEIPs públicos do municipio.
A aula UNED do Porriño xa é unha realidade e abrirá as súas portas nos próximos días. O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o director do campus noroeste e centro asociado da UNED en Pontevedra, Víctor González, asinaron o convenio para o inicio da actividade desta sede universitaria no municipio o presente curso 2022/2023.
Sete axentes da Policía Local do Porriño recibiron onte a Medalla ao Mérito Policial en recoñecemento ás actuacións excepcionais en acto de servizo pola súa intervención na explosión da pirotecnia da parroquia tudense de Paramos, en maio do ano 2018, na que faleceron dúas persoas e provocou numerosos danos persoais.
Desde a Fundación Científica da Asociación Española Contra o Cancro levan 50 anos mellorando a vida das persoas con cancro con máis investigación. Sen dúbida a AECC converteuse nun axente social clave na loita contra esta enfermidade.
A cidade de Toledo acolleu a sétima edición do concurso ‘Mellor Artesán Florista’, no que competiron 24 profesionais do sector chegados de toda España.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e as concelleiras Antía Carrera e Carolina González, mantiveron onte unha reunión coa veciñanza dos polígonos residenciais de Torneiros e a Asociación de Veciños de Torneiros para determinar as necesidades dos bloques de vivendas da zona declarada como `Entorno Residencial de Rehabilitación Programada´.
O Concello do Porriño vén de resolver as axudas municipais dirixidas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolven accións no eido da educación.
O Porriño acolle esta semana múltiples actividades dirixidas á mocidade no marco do proxecto europeo ECOYOUTH, no que participa o IES Ribeira do Louro.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde mosense, Camilo Augusto, a concelleira de Cultura e Turismo de Mos, Sara Cebreiro, e os representantes da Comunidade de Montes de Mos, Manuel Castro e a secretaria, Vanesa Ferreira, visitaron o mural xa rematado da artista Doa Oa, para o que a CMVMC Salgueirón Mos recibiu unha axuda autonómica de 10.000 euros.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.