Domingo, 13 Xullo de 2025

A Louriña

Festival Solidario de AECC Mos

A AECC de Mos organiza o Festival Solidario ‘Por Elas, Por Eles’, que se celebrará no Multiusos das Pozas o vindeiro 13 de novembro desde as 17.00 horas.

Mos inicia a nova contratación do servizo de mantemento de zonas verdes

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Servizos, Baldomero Lorenzo, informaron de que mañá xoves, 10 de novembro, aprobarase en Xunta de Goberno Local o inicio do expediente de contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de limpeza.

O Porriño acolle unha reunión de traballo do ciclo de Pedra natural

O Centro Tecnolóxico do Granito acolleu esta mañá unha reunión de traballo entre Concello do Porriño, Xunta de Galicia, IES Ribeira do Louro e Cluster do Granito para valorar e tratar posibles melloras no recén implementado ciclo de grao medio de Pedra natural na modalidade Dual que se está a desenvolver no instituto porriñés.

Iniciado o proceso de contratación da mellora do acceso ao Pazo de Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron de que foi aprobado a semana pasada en Xunta de Goberno Local o inicio do expediente de contratación da mellora do acceso ao Pazo de Mos.

O Porriño ampliará o seu punto limpo

O Concello do Porriño proxecta a ampliación do punto limpo municipal, sito no polígono industrial de A Granxa. A actuación requerirá unha inversión de 144.000 euros, dos cales 129.000 euros serán asumidos pola consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

O Porriño incrementa a axuda a Protección Civil

A Asociación de Voluntarios de Protección Civil do Porriño conta xa cun aumento de 10.000 euros na subvención nominativa anual que recibe do Concello.

Salceda solicita á Xunta de Galicia a mellora do transporte público

O tres partidos que conforman a corporación municipal de Salceda aprobaron por unanimidade, no pleno do pasado xoves 27 de outubro, unha moción conxunta na que reclamaron á Xunta de Galicia que revisara o contrato de explotación do transporte público.

O Porriño acolleu a final da Liga de Baloncesto Adaptado

O Porriño acolleu a xornada final da XXVI Liga Galega de Baloncesto Adaptado. Máis de 120 deportistas déronse cita no polideportivo municipal para pechar a clasificación da competición organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado.

Mes cultural en Nosa Terra de Pereiras

A Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras organiza o seu mes cultural que comezará hoxe sábado, 5 de novembro, co monólogo de Hermen & Gildo ás 20.30 horas.

Cinemaldea regresa para levar ás aldeas as curtas do Festival de Cans

O Festival de Cans e o Concello do Porriño promoven este ano unha nova edición de Cinemaldea, unha iniciativa que achegará ás zonas rurais do municipio unha selección das curtametraxes premiadas na última edición.

Mos celebra unha reunión sindical sobre o orzamento 2023

Mos celebra unha Mesa Sindical como primeiro paso do novo orzamento municipal para o vindeiro ano 2023.

O barrio de San Benito celebra a Noite do Calacú

A xa tradicional Noite do Calacú organizada pola Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián chega este ano á súa XVII edición, consolidando unha celebración que se remonta aos anos 50-60.