Xoves, 17 Xullo de 2025

A Louriña

Mos corre contra o cancro

Esta mañá celebrouse no salón de sesións do Concello a presentación da carreira 10K, ‘CorreMOS contra o CANCRO’, organizada pola admistración local mosense.

Novas axudas do Plan Concellos a Redondela, Arbo e O Porriño

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde a dez novas achegas da Liña 3 de Emprego do Plan Concellos 2023 por importe de 2 millóns de euros, que beneficiarán aos concellos de Fornelos, Lalín, Poio, Vilagarcía, Redondela, Silleda, Campo Lameiro, O Porriño, Arbo e A Estrada.

O Porriño apoiará ao emprego e emprendemento

O Porriño contará neste 2023 cun espazo de dinamización e captación de proxectos. O Consello da Xunta de Galicia aprobou onte, a petición do Concello do Porriño, a posta en marcha este mesmo ano dun Polo de Emprendemento e apoio ao Emprego no municipio.

O Porriño licita o desbroce e limpeza das parroquias

O Concello do Porriño vén de sacar a licitación o contrato de desbroces, limpeza e reperfilado de beiravías de todas as parroquias do municipio.

A instalación do 5G en Porriño pode xerar interferencias coa TDT os vindeiros días

As operadoras de telefonía móbil anunciaron que nos próximos días activarán un novo nodo para a implantación no Porriño dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá aos porriñeses gozar de conexións móbiles de alta velocidade.

O Porriño xa ten gañadores do concurso de decoración de escaparates

O primeiro Concurso de Escaparates de Nadal organizado polo Concello do Porriño xa ten gañadores.

Preto de mil rondalleiros poñen o broche final ao Nadal do Porriño

O Porriño puxo onte o broche final aos festexos do Nadal 22-23 ao son das rondallas. Preto de mil rondalleiros e rondalleiras de dez agrupacións do Porriño, Mos, Tui, Nigrán e Gondomar puxeron en pé ao público que ateigou o pavillón municipal, que colgou o cartel de aforo completo.

A Cabalgata dos Reis Magos encherá de maxia O Porriño

O Concello do Porriño ten o pracer de anunciar a visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán ao Porriño en camello o día 5 de xaneiro.

O Porriño cede unha parcela a Aceesca para crear unha planta de compostaxe

O Concello do Porriño cederá á Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual Aceesca unha parcela anexa á súa Escola Profesional para a implantación dunha planta de compostaxe que permita a autoxestión de residuos do centro.

Salceda estudia a posibilidade de solicitar a declaración de “zona catastrófica”

Salceda de Caselas estudia a posibilidade de solicitar a declaración de zona catastrófica por parte da Xunta de Galicia e o Consello de Ministros ante os danos producidos pola incesante acumulación de precipitacións destes últimos días, que provocaron numerosas incidencias en todas as parroquias do municipio.

Mos rematou o 2022 renovando os parques

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Servizos para a mellora do entorno rural e urbano, Baldomero Lorenzo García, informaron de que o Concello rematou o ano mellorando os seus parques infantís.

365 días traballando nunha igualdade real e efectiva no Porriño

A Concellería de Igualdade do Concello do Porriño, que dirixe Carolina González, vén de facer balance do camiño percorrido no último ano.