Sábado, 12 Xullo de 2025

A Louriña

A Feira do Libro de Galicia chega esta semana ao Porriño

As novidades editoriais volven saír ás rúas do Porriño para achegarlle á cidadanía o libro e a lectura.

O Porriño pon en marcha a mesa local de saúde

O Concello do Porriño celebrou a pasada semana a Mesa Local de Saúde, un foro de traballo que ten como obxectivo mellorar a calidade de vida da veciñanza e coordinar as accións dos diferentes sectores implicados na resposta ante unha emerxencia sanitaria, así como promover os hábitos de vida saudable entre a veciñanza.

Salceda aprobou a licenza para a ampliación do IES Pedras Rubias

Despois da aprobación no pleno do pasado 27 de abril da bonificación do 95% do ICIO para a construción da ampliación do IES Pedras Rubias, por razóns de declaración de utilidade pública, na Xunta de Goberno Local celebrada no día de onte aprobouse por unanimidade a licenza urbanística para dita ampliación.

O Club Natación Mos organiza o X Campionato de Natación Escolar Val da Louriña

A participación está destinada a escolares de toda a comarca, que nacesen entre o 2009 e o 2016, ambos os anos incluídos.

O Porriño énchese de pasión polo flamenco este sábado

O parque do Cristo acolle este sábado, a partir das 20 h, o espectáculo Pasión Flamenca, no que participarán o grupo rocieiro Andalusí, o grupo de música Toni Delgado e Mario El Primo e o grupo de baile Pasión Flamenca. Como na anterior ocasión, haberá rebujitos, xamón e moita diversión.

O escritor Diego Giráldez exporá os seus collages no Festival de Cans

O vindeiro sábado 13 de maio, o escritor Diego Giráldez inaugura a exposición “Colaxe #catástrofe” durante a festa de apertura do XX aniversario do Festival de Cans.

Preto de 200 ciclistas pedalearán na “VII Challenge Rías Baixas”

A sétima edición da “Challenge Rías Baixas” reunirá esta fin de semana a preto de 200 ciclistas. A proba, organizada polo club ciclista “Master da Louriña”, presentouse hoxe no Concello do Porriño.

Chega ao Porriño a campaña ‘Generación D’

Os próximos días 5, 6 y 8 de maio de 2023 o espazo itinerante “Únete a la Generación D, cada día somos máis” visitará O Porriño, situarase no pavillón de Deportes, rúa Doantes de Sangue, e queremos convidarte a participar.

O musicólogo Alan Lomax interpretado por Cantometrics en Mos

O arquivo de Alan Lomax é unha inesgotable fonte de melodías de gran parte do planeta no que Galicia ten un posto destacado. Acompañado de Jeanette Bell, o musicólogo percorreu o país gravando melodías, permitindo que hoxe en día coñezamos músicas que doutro xeito terían desaparecido. Son estes sons, gravados nos anos cincuenta, os que Cantometrics recolle e transforma empregando acordeón, marimba, percusións, zanfona, gaita e voz.

O Festival de Cans celebra o seu 20 aniversario

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, interveu esta mañá na presentación dunha nova edición do Festival de Cans, que celebrará o seu 20º aniversario do 16 ao 20 de maio na aldea do Porriño da que toma o seu nome.

Verónica Tourón presentou a súa candidatura nun auditorio repleto de público

O primeiro de maio, a Agrupación Socialista de Salceda presentou a súa candidatura de cara as eleccións municipais 2023 nun auditorio municipal ateigado pola veciñanza, cun acto apoiado por unha interprete na linguaxe de signos e proxeccións audiovisuais.

Mos modifica a ordenanza das Emerxencias Sociais para adaptala ás novas problemática

O Pleno do Concello de Mos aprobou por unanimidade dos seus membros a Modificación do Regulamento de Axudas de Emerxencia Social Municipal.