Venres, 2 Maio de 2025

A Louriña

O Circo de Pinocho chega a Salceda unindo circo tradicional e teatro musical

O espectáculo realizarase nunha carpa de circo con aforo para 450 persoas, comodamente sentadas en butacas individuais e con calefacción

O Porriño contará cun parque para mascotas na Avenida de Galicia

O parque estará pechado perimetralmente para que os canciños poidan gozar dun espazo onde xogar de forma libre

Regresa DGusta Porriño, a cita de tapeo con 29 locais participantes

Cada venres e sábado de novembro, tanto veciños coma visitantes poderán gozar da oferta gastronómica local

Mos iniciará en 2025 a segunda fase da humanización da estrada Mos-Puxeiros

Esta segunda fase incluirá a creación dun espazo peonil mediante unha senda de formigón coloreado

En marcha as obras para transformar o centro do Porriño cun gran parque

O Porriño inicia un ambicioso proxecto de transformación urbana coa creación dun novo espazo público

Salceda subvenciona con máis de 126.000 € ao tecido asociativo e colectivos locais

O Concello de Salceda de Caselas vén de asinar os convenios cos 32 colectivos que contan con subvención nominativa

O Porriño convértese nun “túnel do terror” por Samaín

O Porriño transformarase nun escenario de auténtico terror coa celebración do Samaín,

O CRC do Porriño celebra os ‘XXXVII Premios Círculo’, galardóns de referencia na comarca da Louriña

​O Círculo Recreativo Cultural do Porriño (CRC) celebra o sábado 6 de xullo a súa noite grande, o evento dos Premios Círculo que este ano alcanza a XXXVII edición. Uns galardóns de referencia dende hai case 40 anos na comarca que recoñecen o labor de porriñesas e porriñeses destacados en diferentes disciplinas oupersoeiros vinculados á esta institución da comarca da Louriña. 

Antonio Palacios, gran protagonista do desafío de ‘Eureka Reto Rural’ no Porriño

O novo desafío de ‘EurekaReto Rural’ ten nome e apelido: Antonio Palacios. O arquitecto será o gran protagonista do escape room do Porriño, escenario da sexta proba desta iniciativa posta en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, un produto turístico diferente e orixinal co que achegar ao público ao territorio a través de xogos de escapismo temáticos ao aire libre, de forma dixital, de balde e para todos os públicos.

Luis López resalta o legado de “construtores cidadáns” que Antonio Palacios deixou no Porriño

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou o labor dos “construtores” que recibiron este sábado no Porriño os primeiros premios Antonio Palacios concedidos a persoas que destacaron pola súa aportación, no eido da cultura, o deporte, o social ou a empresa; a construír unha provincia máis forte e, en consecuencia, a honrar o legado do arquitecto Antonio Palacios, un dos máis destacados arquitectos do século XX en España e que deseñou edificios nobles como o madrileño Palacio de Cibeles ou a casa consistorial do municipio onde naceu, O Porriño.

A primeira promoción de bacharelato de Salceda gradúase no Pazo Pegullal

O Pazo Pegullal foi o marco escollido para a celebración da graduación da primeira promoción de bacharelato de Salceda na tarde do venres 14, un acto sen dúbida inesquecible para os 49 rapaces e rapazas que celebraron o remate dos seus estudos de bacharelato no IES Pedras Rubias. O acto tiña sen dúbida un carácter especial, por ser esta a primeira promoción en rematar os seus estudos de bacharelato en Salceda tras a súa implantación no curso 2022/2023.

Romaric Forques e Natalia Castro, gañadores do IX Tríatlon Concello do Porriño

As condicións meteorolóxicas, coa choiva ameazando con irromper e un vento que facía especialmente complicado o tramo no río, fixeron que este IX Tríatlon Concello do Porriño se convertera dunha das edicións máis dura ata o momento.