Venres, 9 Maio de 2025

A Louriña

O Regulamento de Participación Veciñal de Salceda, en exposición pública

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a aprobación inicial do regulamento de participación veciñal do Concello de Salceda de Caselas, aprobado cos votos a favor dos grupos de goberno (MS e PSOE) e a abstención do PP, e que será o primeiro regulamento de participación cidadá do Concello de Salceda.

Os actos vandálicos causan graves danos na área recreativa da Veiguiña, na parroquia de Atios

Despois do parón obrigado polo estado de alarma para os sectores non esenciais, hoxe, na volta ao traballo, os comuneiros de Atios puideron comprobar que o confinamento, coa expresa prohibición de moverse sen xustificación, "non vai para os vándalos que o estado de alarma non vai cos que sempre queren facer mal, onde sexa, como sexa e cando sexa".

Os concelleiros e concelleiras do PP do Porriño renuncian ás súas retribucións o que resta de 2020

O Grupo Municipal do Partido Popular do Porriño fixo transmitiu ao Goberno local a súa intención de renunciar "a percibir ás súas retribucións por comisións, asistencia a plenos e aportación como grupo municipal todo o ano 2020". Os populares tiñan solicitado un Plan de rescate para autónomos e empresas "que contemple axudas directas e indirectas dirixidas a paliar as consecuencias da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19".

Policía Local e Protección Civil do Porriño entregaron máscaras de protección nos accesos aos polígonos industriais

Dende as 7 horas desta mañá, axentes de Policía Local e voluntarios e voluntarias de Protección Civil do Porriño fixeron entrega de máscaras de protección aos traballadores e traballadoras que hoxe reincorporábanse ás empresas e industrias dos polígonos industriais do municipio, autorizadas polo Goberno Central.

A praza de abastos de Salceda mantén a súa actividade na venta de alimentos frescos con total seguridade

A praza de abastos de Salceda segue a ser o principal punto de abastecemento de productos frescos en Salceda durante o estado de alarma. O mercado mantén a súa actividade diaria de venta de carne, peixe fresco e froita, así como o servizo de bancadas dos mércores para a venta de peixe.

As veciñas do Porriño confeccionan elementos de protección para Policía Local, profesionais da sanidade e atención domiciliaria

Un grupo de veciñas da parroquia porriñesa de Cans fixeron entrega ao Concello do Porriño dun lote de traxes de protección confeccionados por elas mesmas para a súa utilización por parte das traballadoras e traballadores do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Nestes día o persoal do SAF está a prestar unha importantísima tarefa de apoio a persoas maiores, discapacitadas ou que bien soas.

Salceda resiste fronte ao COVID-19

Salceda de Caselas mantense ata o de agora con un único positivo entre as cartillas do seu centro de saúde. Cada dous días reúnese o comité de seguemento do COVID 19, presidido pola alcaldesa, con participación da concelleira de sanidade, o portavoz da oposición e a xefa de servizo do centro de saúde, no que se actualizan os datos da área sanitaria de Vigo e no que se establecen as medidas precisas a tomar por prevención, así como o protocolo de actuación cando xurde algún positivo no municipio.

O Porriño habilita unha axuda extraordinaria de emerxencia social para as familias con menos recursos

O Concello do Porriño vén de habilitar unha partida orzamentaria de 20.000 euros, mediante crédito extraordinario, para que ás familias con menos recursos e as persoas con dificultades económicas poidan abastecerse de alimentos frescos e produtos de primeira necesidade. Tratase de unha acción extraordinaria motivada polo actual estado de alarma pola pandemia do coronavirus e que complementa á axuda periódica que distribue o Banco de Alimentos 'SOS Porriño'.

A Policía Local do Porriño denunciou a 28 persoas por incumprimento do estado de alarma

A Policía Local do Porriño denunciou a 28 persoas durante a primeira semana do estado de alarma por infrinxir as restriccións impostas polo Goberno. A meirande parte das denuncias por incumprir a limitación da movilidade sen causa xustificada.

O CIM de Mos habilita un teléfono 24 horas para prevención da violencia de xénero durante o confinamento

O departamento municipal de Política Social atópase funcionando "a pleno rendemento", asegurou hoxe o Concello de Mos, comezando polo CIM (Centro de Información á Muller), que habilitou un teléfono de atención 24 horas, 673 069 866, aberto a todo o mundo pero orientado especialmente a extremar a protección das mulleres vítimas de violencia de xénero na actual situación de confinamento.

Mos pecha, temporalmente, todos os cemiterios do municipio

O Concello de Mos acordou, por resolución de Alcaldía, o peche temporal de todos os cemiterios do municipio para visitas ao público, abríndose únicamente no caso de sepelios. A medida adoptada polo executivo que preside Nidia Arévalo, comezou a aplicarse xa hoxe venres, 20 de marzo en que todos os cemiterios mosenses, tanto os municipais como os parroquiais, atópanse xa clausurados e debidamente precintados pola Policía Local.

Cinco veciños do Porriño denunciados por infrinxir as normas do estado de alarma

A Policía Local do Porriño deu conta que, ata o día de onte, procederon a denunciar a cinco veciños por infrinxir as normas que rexen no estado de alarma. Na meirande parte dos casos son persoas que sacan a pasear o can pero que "superan a marxe de 10 minutos que establecen as instruccións do estado de alarma". Outro dos casos denunciados foi o dun motorista que estaba a dar unha volta e cando foi apercibido polos axentes da Policía Local, alegou que "estaba a buscar un taller para unha reparación".