A Asociación Forestal de Galicia organiza a vindeiro xoves, 30 de xullo, no concello pontevedrés de Salceda de Caselas un curso de "Técnicas de poda forestal".
O Concello de Mos está a traballar para que de cara á súa reapertura en setembro, as tres Escolas Infantís da Rede A Galiña Azul, da Porteliña, Cototorrón e Veigadaña, estean en perfecto estado e con todas as medidas de seguridade ante a COVID-19 instaladas.
A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, acompañada pola técnica de igualdade do Concello, Irene Ojo e da consultora Laura Seara, presentaron na mañá de hoxe na Casa da Cultura Castelao as actividades do Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, iniciatia incluída dentro do II Plan de Igualdade Municipal e que ao longo dos vindeiros meses desenvolverá obradoiros e iniciativas nos que participarán 40 mulleres.
A fin de semana das Festas do Cristo saldouse coas primeiras denuncias por non empregar máscara protectora. Garda Civil e Policía Local reforzaron a vixianza no municipio por mor das festas, e deste xeito producíronse as primeiras denuncias vinculadas ao uso da máscara protectora.
A Consellería de Sanidade informou esta mañá ao Concello do Porriño da existencia dun brote de Covid-19 con media ducía de positivos. Dende a Consellería comunicaron telefónicamente coa alcaldesa Eva García á que informaron que o brote está localizado no centro da vila.
A Concellería de Cultura e Festas anuncia para o vindeiro sábado 25 de xullo, a celebración do “Primeiro Encontro de Músicas Ibéricas” que terá lugar no Torreiro da Guía, en Atios, a partir das 22 horas, cun aforo limitado a 100 espectadores.
Onte un equipo da organización de 'La Vuelta Ciclista a España' desprazouse ata Mos para continuar cos labores de supervisión previos á proba ciclista. Os membros integrantes dos equipos de produción e loxística, con Pedro Lezaun á cabeza, estiveron na contorna do Pazo de Mos acompañados polo tenente alcalde do Concello de Mos, Camilo Augusto, e pola concelleira mosense de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro.
O tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras mosense, Camilo Augusto, reuniuse xunto co arquitecto municipal no Cemiterio Municipal de Torroso, con representantes da Asociación de Veciños da parroquia, para realizar a verificación dos traballos a acometer no cemiterio e que se iniciarán de xeito inmediato, pois o procedemento de contratación xa se atopa rematado e seleccionada a empresa adxudicataria da obra.
O Concello do Porriño informa que este mércores día 22 realizarase a obra de mellora da pavimentación da rotonda das Gándaras que afectará ao tráfico rodado do acceso sur aos polígonos industriais de As Gándaras e A Granxa.
A mochila da luz, que chegou ao Pazo de Mos, portada por Milucha e que foi recibida polo tenente alcalde, Camilo Augusto e pola concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro; saíu o día 10 de xullo de Porto coa bendición da mochila na catedral.
Mos dispon xa durante o verán dun dispositivo local de loita contra incendios formado por 12 persoas. As contratacións do persoal foron posibles grazas ao convenio asinado coa Consellería de Medio Rural e estará formado por 4 operarios integrantes dunha brigada forestal, un xefe de operativo e 7 condutores para os vehículos motobomba.
A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, e o Presidente da Comunidade de Montes de Parderrubias, Jose Estévez, veñen de asinar o acordo de cesión de 13.100 m2 de terreo comunal na zona do Penedo Redondo que lle permitirá ao Concello a construción dun novo campo de fútbol 8 así como dunha área de adestramento de porteiros/as, para dar cabida deste xeito ás case 400 persoas que se prevé que fagan uso das instalacións a vindeira tempada.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.