Venres, 4 Xullo de 2025

A Louriña

Xa está aberto o prazo para presentar solicitudes ás subvencións municipais para as comunidades de augas de consumo do Porriño

O Concello do Porriño informa de que xa está aberto o prazo para presentar as solicitudes para beneficiarse das subvencións municipais ás comunidades de auga potable, que este ano 2021 teñen un importe total de 95.000 €.

Mos tramita a posta en valor das tumbas dos primeiros Marqueses de Mos que se atopan na Igrexa de Santa Eulalia

Un gran patrimonio cultural e histórico da parroquia e do Concello de Mos, que caera no esquecemento, volve a estar de actualidade coa intención de administración local e comunidade parroquial de poñelo en valor.

O BNG esixirá no Parlamento o aumento de persoal médico e de enfermaría no Centro de Saúde de Salceda de Caselas

O BNG presentará no Parlamento Galego novas iniciativas para esixir que a Consellaría de Sanidade e o SERGAS cumpran co compromiso de aumentar persoal médico e de enfermaría no Centro de Saúde de Salceda de Caselas. O deputado Luís Bará visitou o xoves 4 de marzo o centro, para coñecer a situación en que se desenvolve a asistencia sanitaria; recolleu información e a demanda de melloras que lle comunicaron membros da Xunta Directiva da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Salceda.

Salceda traballa en bonificacións sociais no IBI

O Equipo de Goberno do Concello de Salceda traballa na modificación da ordenanza reguladora do IBI, na liña de poder realizar bonificacións ás persoas e familias máis desfavorecidas despois de revisión anunciada unilateralmente dende o catastro.

A alcaldesa do Porriño solicita ao Conselleiro de Sanidade, en nome da hostalería, unha ampliación do prazo para descargar os códigos QR

A alcaldesa Eva García dirixiu esta mañá unha carta ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, solicitándolle a considerar que a Xunta de Galicia amplie o prazo para formalizar os trámites necesarios para o "Plan de Hostalería Segura".

Salceda e Salvaterra solicitan conxuntamente unha axuda para realizar o obradoiro de emprego ‘Sustentable’

Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño veñen de solicitar á Xunta de Galicia unha subvención para a realización dun obradoiro de emprego denominado 'Sustentable'. A solicitude faise ao abeiro da convocatoria de subvencións para os obradoiros duais de emprego da Consellería de Emprego e Igualdade.

O BNG esixirá no Parlamento o aumento de persoal médico e de enfermaría no Centro de Saúde de Salceda de Caselas

O BNG en Salceda de Caselas informa que levará a termo novas iniciativas parlamentarias para esixir que a Consellaría de Sanidade e o SERGAS cumpran co compromiso de aumentar persoal médico (1 mais) e de enfermaría (1 mais). Nestes momentos o Centro de Saúde de Salceda non conta co persoal que se correspondería co demanda de atención existente; nen coa ratio médico/paciente que ten establecido o SERGAS (1.300 pacientes).

Feijóo afirma que a Xunta seguirá facilitando o acceso ao chan industrial poñendo a disposición este ano 1,4 millóns de metros cadrados de superficie...

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que a Xunta seguirá facilitando o acceso ao chan industrial, poñendo a disposición este ano 1,4 millóns de metros cadrados de superficie bonificada nos seus parques empresariais.

A Biblioteca do Porriño sempre na vangarda

Entrar na biblioteca do Porriño xa non é un ritual dedicado ao silencio e as lámpadas de lectura, reservado para ás persoas de oposicións ou universidade entregadas aos seus exames. A biblioteca é algo moi diferente hai máis dunha década.

Marzo de Sábados Teatrais

A pandemia global que sufrimos tamén afecta ao mundo da cultura, que debe reinventarse con iniciativas artísticas innovadoras. Nesta ocasión XERPO tráenos unha proposta teatral compatible cos tempos de corentena; chamado “TEATRO CONFINADO”.

Mos pon en marcha unha baixada de impostos para compensar o catastrazo anunciado polo Ministerio de Facenda

Esta mañá celebrouse a primeira xuntanza da Comisión de Seguemento do novo Procedemento de Valoración Catastral constituída no pasado Pleno celebrado o 22 de febreiro como parte da moción presentada ‘in voce’ con carácter de urxencia polo goberno local para solicitar a moratoria dun mínimo de 2 anos do proceso e que foi aprobada por unanimidade pola totalidade dos membros da Corporación Municipal.

O Concello e a Policía Local establecen protocolos coa hostalería para garantir o cumprimento das restricións

Os establecementos de hostalería do Porriño recibirán unha folla informativa para que coñezan as medidas que deben adoptar e para que teñan a información necesaria para descargar os códigos QR. Axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil serán os encargados da distribución.