A alcaldesa Eva Garcia asinou hoxe a convocatoria da Comisión Especial para a Descontaminación de Líndano, que se reunirá de novo o mércores 24, ás 19:00 horas, no salón de plenos do Concello.
Os exteriores do Pazo de Mos acolleron na tarde de onte a homenaxe ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) organizada polo Concello con motivo do 8M, no que se contou coa asistencia da conselleira de Política Social, Fabiola García.
O Consorcio de Augas do Louro vén de dar conta que será finalmente mañá mércores, día 17 de marzo, cando se proceda ao corte de dúas horas e media de duración no abastecemento de auga nalgunhas rúas do centro urbano para desenvolver tarefas de mantemento da rede de subministro.
O Consorcio de Augas do Louro vén de comunicar ao Concello do Porriño que ás 11 da mañá rematou a reparación da avaría que provocou un corte de subministro de auga que afectou a todo o centro urbano da localidade.
As dúas obras acometidas con cargo a unha subvención do Plan Concellos, a Humanización da Estrada Louriñó-Sobráns en Guizán e a mellora da seguridade viaria o Camiño do Pazo en Tameiga, atópanse ambas iniciadas e avanzando a bo ritmo.
O Concello do Porriño presentou onte a que será a segunda edición da 'Batalla de Debuxantes Improvisdado', un certame “singular e único que organiza o Concello porriñés coa intención de crear novas formas de expresión artística, querendo romper estándares e normas non escritas da arte”, sinalou na presentación Cami Moreira, concelleira de Cultura, Mocidade e Festas.
A Deputación de Pontevedra vén de dar un novo impulso á mellora da calidade de vida da veciñanza do Concello de Salceda de Caselas nos ámbitos da asistencia social e o deporte coa rehabilitación integral da antiga Escola de Vendanova e a mellora das instalacións deportivas municipais do campo de Penedo Redondo. O deputado de Cooperación Municipal Santos Héctor visitou, xunto á alcaldesa Loli Castiñeira, e tenente de alcalde, Verónica Tourón, as novas instalacións, que contaron cun investimento total de 187.239 euros ao abeiro do Plan Concellos.
A Xunta completará o sistema de saneamento da parroquia de Santo Estevo de Budiño, no concello de Salceda de Caselas. Augas de Galicia, organismo dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, vén de encargar a redacción do proxecto construtivo, unha vez constatada a posta á disposición dos terreos necesarios por parte dos veciños.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron de que esta mañá aprobouse en sesión ordinaria semanal da Xunta de Goberno Local o inicio da licitación do contrato para a mellora da pavimentación de 5 camiños municipais nas parroquias de Pereiras, Cela, Guizán e Louredo.
Aínda é posible a inscrición de obras no certame de TikTok 'Mos pola igualdade', que, ata o 12 de marzo, ten aberto o formulario de inscrición para rexistrar participacións. A chegada de marzo, 'mes da igualdade', fai que os preparativos para a celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, arrinquen para avogar por un mundo máis xusto e sen desigualdades de xénero.
Os riders da escola de ciclismo Avanza do Porriño trasladáronse a pasada fin de semana ata a localidade madrileña de Villa del Prado para participar na SUPER CUP UVES-X-SAUCE VILLA DEL PRADO como previo, e o inicio do OPEN DE ESPAÑA XCOFIDIS que dará comezo a vindeira fin de semana no parque forestal Cerro de las Contiendas, en Vallladolid.
A Concellería de Medio Ambiente, a través do seu responsable, Sergio Casal, entregou a José Porto, en representación dos apicultores do Porriño, materiais para a loita contra o avance da vespa velutina.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.