Domingo, 4 Maio de 2025

O Porriño

O Concello do Porriño terá que pagar á Comunidade de Montes de Atios os ingresos desde 2018

Novo éxito xudicial da Comunidade de Montes de Atios. O xulgado de instrución nº 3 do Porriño vén de condenar ao Concello do Porriño “a abonar á Comunidade de Montes de Atios todas as cantidades percibidas ao abeiro dos contratos de arrendamento das parcelas litixiosas -as canteiras ubicadas no monte comunal de Atios- e relativas ás rendas devengadas dende o 28 de febreiro de 2018.

30 aniversario da Festa dos Callos do Porriño

O domingo do Recristo, como manda a tradición, a Festa dos Callos do Porriño poñerá o broche de ouro á celebración das festas patronais. A festa gastronómica por excelencia do Porriño chega este ano á súa décimo terceira edición, congregando na vila a milleiros de persoas cada ano.

Finaliza Porremprego con 20 novos profesionais en cociña e atención sociosanitaria

O obradoiro de emprego “Porremprego Cualifica”, impulsado polo Concello do Porriño co apoio da Xunta de Galicia, chegou ao seu fin. A actividade permitiu a formación de 20 persoas desempregadas en dúas especialidades con moita demanda no Porriño e contorna.

O alcalde traslada o apoio do Concello do Porriño aos traballadores de Faurecia

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, trasladou ao Comité de empresa de Madera Fiber Technologies (antiga Faurecia Interior Systems) o respaldo da corporación local do Porriño ás súas reivindicacións ante o desmantelamento que está a sufrir a empresa.

O Porriño humanizará a rúa San Sebastián

O Concello do Porriño acometerá a humanización da céntrica rúa San Sebastián. Concluída a humanización de Manuel Rodríguez e do tramo que enlaza con Fernández Areal, e para poder avanzar no acondicionamento dos barrios de San Bieito e San Sebastián, é prioritaira a humanización do segundo tramo desta rúa.

O Porriño ofrecerá monólogos polas Festas do Cristo

As tardes de humor regresan á Vila do Louro polas Festas do Cristo. Tres grandes monologuistas se darán cita na praza Arquitecto Antonio Palacios para facer as delicias dos amantes da comedia.

Juan Magan, cabeza de cartel do Louro Valley Festival

O Porriño acollerá este venres 22 de setembro unha nova edición dun dos eventos musicais estrela das Festas do Cristo: o Louro Valley Festival.

O venres terá lugar a gala dos premios Cabezudos de Honra do Porriño

Este venres, a Asociación “Cabezudos de Honra do Porriño”, en colaboración co Concello da localidade, celebra a terceira edición dos seus premios na Praza do Cristo, ás 20:00 horas, dentro da programación das Festas do Cristo.

Deporte e solidariedade na I Carreira das Empresas de Galicia

O próximo 8 de outubro as empresas galegas teñen unha cita deportiva e solidaria no Porriño. A vila do Louro acolle a primeira edición dun evento pioneiro na comunidade, a Carreira das Empresas de Galicia, un formato novo dentro do running que fomenta a práctica deportiva nas empresas apostando polo benestar a nivel personal e laboral.

A escola de música do Porriño abre o prazo de inscrición en outubro

O Concello do Porriño informa que o período de matriculacións do alumnado para este curso 2023/2024 na Escola Municipal de Música dará comezo a primeira semana do mes de outubro.

Porriño acolle hoxe a Atios Cup

O campo de fútbol do Carballo acolle hoxe sábado, 16 de setembro, unha nova edición da ATIOS CUP, o torneo de fútbol base organizado pola Unión Deportiva Atios.

O Porriño busca voluntarios para unha actividade medioambiental

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Xuventude (OMIX), que dirixe Antonio Barros, fai un chamamento á cidadanía porriñesa interesada en botar unha man, participe como voluntaria nos labores de limpeza e eliminación de especies invasoras que se levará a cabo no río Couso en colaboración coa asociación ecoloxista Verdegaia.