Sábado, 5 Xullo de 2025

O Porriño

A nova localización do mercado do Porriño recibiu unha boa acollida

O concelleiro responsable do Concello do Porriño, Sergio Casal, valorou "a boa acollida" que tivo a nova localización do mercado ambulante que hoxe abriu na rúa Leandro Diz e parte da rúa Xogo da Ola.

Unha praga de fungos ataca as árbores de O Porriño

Onte pola mañá caeu outra árbore no concello do Porriño, esta vez ocorreu no Parque do Cristo, preto do palco da música, sen causar danos persoais nin materiais, segundo informou a Policía Local.

O Pleno do Porriño aproba unha moción de reprobación á alcaldesa

A Corporación municipal acordou no último Pleno Ordinario, unha moción de reprobación á alcaldesa, Eva García de la Torre, polo acontecido no Pleno Extraordinario do venres 22 de outubro, moción aprobada por maioría, con 10 votos do Partido Popular e EU SON – grupo municipal que fixo a proposta– e os votos en contra de PSOE, BNG e UDDL.

O PP esixe ao concello do Porriño que reclame as débedas do aparcadoiro da Avenida Galicia e das canteiras

O PP do Porriño esixiu o venres, nun pleno extraordinario solicitado polos populares, que o Goberno local reclame á empresa concesionaria do aparcadoiro da Avenida de Galicia os 40 mil euros que debe do canon desde 2012, e o cobro dos alugueiros das canteiras do Porriño, nos que hai 1,2 millóns de euros pendentes de abonar.

A mocidade do Porriño participará no Encontro Autonómico de Consellos da Infancia de Galicia

Por segundo ano consecutivo, O Porriño súmase ao Encontro Autonómico de Consellos da Infancia e da Adolescencia, organizado por UNICEF Comité Galicia que vai ter lugar hoxe venres 22 e mañá sábado 23 de outubro.

Xa están en execución 3 das 12 actuacións do Plan de Mellora de Viarios Públicos do Porriño

A concelleira de Vías e Obras do Concello do Porriño, Lourdes Moure, xunto co enxeñeiro municipal e técnicos das empresas adxudicatarias, inspeccionaron a posta en marcha de tres das obras incluídas no Plan de Mellora de Viarios Públicos.

O Porriño promove clases de ciberseguridade entre o alumnado

Un total de 214 alumnos, de 3º da ESO de centros de ensino porriñeses, serán os receptores das clases de ciberseguridade que promove o Concello como actividade escolar.

O Concello do Porriño porá sinalización horizontal nas rúas Xogo da Ola e Leandro Diz

O Concello do Porriño informa que o vindeiro luns día 18, sempre que o tempo o permita, procederase a realizar traballos de sinalización horizontal na rúa Xogo da Ola e no treito entre esta vía coa rúa Leandro Diz ate a intersección coa rúa Manuel Rodríguez.

Trasladada unha persoa tras un accidente no Porriño

Unha persoa resultou ferida e tivo que ser trasladada tras unha colisión entre dous vehículos, na localidade do Porriño.

RS Motor Power Solutions doa un gran motor para instalar nunha rotonda do polígono

A empresa "RS Motor Power Solutions", situada no polígono PPI 5, informou á alcaldesa Eva García de que doarán un gran motor para instalalo na rotonda situada fronte ás instalacións da compañía na Granxa.

Concello do Porriño e ADIF manteñen unha reunión sobre o proxecto de supresión do paso a nivel

A alcaldesa do Porriño, Eva García, e a directora xeral de Planificación e Proxectos de ADIF, Monserrat Rallo, asistidas por técnicos dos seus respectivos departamentos, mantiveron na mañá de onte unha reunión telemática para revisar detalles sobre o proxecto de supresión do paso a nivel no centro da vila.

Baiona, O Porriño, Gondomar, A Cañiza e Redondela, novos beneficiarios do Plan Concellos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra volveu a aprobar recursos para os municipios da provincia no marco das liñas 1 e 2 do Plan Concellos.