Venres, 4 Xullo de 2025

O Porriño

O Goberno Municipal do Porriño iniciou unha ronda de visitas polas parroquias para un plan de actuacións especiais

O alcalde do Concello do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro, Bienvenido Estévez, responsable de Parroquias no goberno municipal reuníronse con integrantes da nova “Asociación de Veciños e Veciñas das parroquias e polígonos de Torneiros” para coñecer de primeira man as demandas máis urxentes da veciñanza.

O Porriño súmase á campaña “Acende o Xacobeo”

A Casa do Concello do Porriño xa loce a frecha amarela e o logotipo do Xacobeo 2021-2022, como corresponde a un municipio referente do Camiño Portugués a Compostela.

Os Reis Magos percorrerán o centro urbano do Porriño

No Porriño non haberá cabalgata dinámica seguindo as recomendacións da autoridade sanitaria, pero os Reis Magos percorrerán o municipio saudando aos nenos e nenas e despois haberá unha recepción no Centro Cultural Municipal.

O alcalde do Porriño considera admirable o comportamento da veciñanza no desfile de rondallas

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, valorou "o comportamento admirable" do público que presenciou o desfile conxunto de rondallas de Mos e O Porriño celebrado onte domingo.

Detido un veciño do Porriño por ameazar ao seu pai ancián cun coitelo

Axentes da Policía Local do Porriño procederon á detención de S.A.R., de 61 anos, veciño da localidade porriñesa, por ameazar cun coitelo ao seu pai ancián. Os feitos ocorreron na tarde do día de Noitevella.

Cancelada a Carreira Nocturna de Reis do Porriño

O Goberno Municipal acordou a suspensión da Carreira Nocturna de Reis programada para o 8 de xaneiro ante a imposibilidade de garantir na mesma a seguridade sanitaria dos participantes.

O Goberno local do Porriño inicia un Plan de Mellora e Acondicionamento do Viario Municipal”

O alcalde do Concello do Porriño, Alejandro Lorenzo, anunciou desde Mosende que o novo goberno municipal “acometerá un Plan de Mellora e Acondicionamento do Viario Municipal”.

O PBB móvese e xoga para os nenos de Bangui

O material humanitario recollido polo "Porriño Baloncesto Base" (PBB) no marco da campaña solidaria de Nadal saíu antonte do pavillón municipal do Porriño con destino a Bangui.

Porriño e Mos celebran en conxunto o desfile de rondallas o domingo

O vindeiro domingo 2 de xaneiro, se as condicións meteorolóxicas o permiten, Porriño e Mos celebrarán conxuntamente o desfile das rondallas de ambos concellos, segundo acordaron os respectivos rexedores municipais.

O novo goberno do Porriño potenciará a atención cidadá e a transparencia

O alcalde do Concello do Porriño, Alejandro Lorenzo, fixo público o reparto de responsabilidades e delegacións entre os seus concelleiros. Destaca a creación das áreas de Atención Cidadá e Transparencia que dependerán da concelleira Antía Carrera.

O alcalde do Porriño, Alejando Lorenzo, encarga a reparación urxente dos parques infantís

Unha das primeiras medidas ordenadas polo alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, é a reparación urxente de columpios e outros elementos de todos os parques infantís do concello.

O Porriño compra parcelas no Paseo do Louro

A Concellería de Urbanismo e Patrimonio do Porriño, dirixida por Pedro Pereira, informa da sinatura en notaría das escrituras de compra de varias parcelas situadas na contorna do río Louro.