Mércores, 2 Xullo de 2025

O Porriño

Diego Giráldez presenta a súa nova novela no barrio de San Benito do Porriño

Hoxe venres, Diego Giráldez presenta o seu novo libro no barrio de San Benito do Porriño acompañado da xornalista de Radiovigo-Cadena SER María Díaz e o tamén xornalista e director do Festival de Cans Alfonso Pato.

Nito Pereiro-Oliveira inaugura a súa exposición “Verdades e quimeras”

O Círculo Recreativo Cultural do Porriño acolleu onte a presentación da exposición “Verdades e quimeras”, do porriñés Nito Pereiro-Oliveira.

O autobús de “Coidados porta a porta” chega ao Porriño

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernándo González Abeijón, e os concelleiros Abel Estévez, Rosario Costas e Carolina González, vistou onte o autobús de Coidados Porta a Porta.

O Porriño comeza o reparto de composteiros individuais

Coincidindo coa Semana Internacional da Compostaxe, o Concello do Porriño, a través da concellería de Medio Ambiente, inicia a entrega dos composteiros individuais que se entregarán a aquelas persoas que o tiveran solicitado.

A porriñesa Ana Belén Gómez Sousa imponse na maratón de Brooklyn

O pasado 24 de abril máis de 20.000 runners déronse cita na 10ª Maratón de Brooklyn e, entre eles, a porriñesa Ana Belén Gómez Sousa que se impuxo na súa categoría.

Taburete actuará no Porriño o vindeiro 14 de xullo

5 Sentidos, Sirenas, Mariposas e Una foto en blanco y negro serán algúns dos temas que soarán no Porriño este verán. Taburete desembarcará na vila o vindeiro 14 de xullo no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22.

Estes son os cortes de tráfico que haberá pola carreira “O Porriño 10K”

A Policía Local do Porriño informa dos cortes de tráfico e restricións de estacionamento que se establecerán este domingo, día 1 de maio, pola celebración da carreira “ O Porriño 10K”.

O Porriño adhírese a un convenio de xestión da biomasa para loitar contra os incendios forestais

O Concello do Porriño adhírese ao convenio de Xestión da Biomasa suscrito pola Xunta, Fegamp e Seaga para a prevención e defensa contra incendios forestais.

O Porriño pon en marcha un novo servizo de recollida de cartón comercial

O Concello do Porriño continúa coa súa aposta pola reciclaxe e a favor do medio ambiente poñendo en marcha un servizo específico para a recollida de papel e cartón do que poderán beneficiarse os establecementos comerciais do municipio.

Colocar carteis publicitarios sen permiso conleva multas de ata 3.000 euros

O Concello do Porriño lembra que colocar carteis publicitarios na rúa fora das zonas habilitadas e sen permiso está prohibido.

A Xunta destaca o labor do centro tecnolóxico Aimen como un aliado dos principais sectores industrais de Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou onte no Porriño o centro tecnolóxico Aimen, a cuxa directiva e traballadores agradeceu que compartan coa Administración autonómica a filosofía de colaborar para innovar.

Concello e Protección Civil do Porriño asinan o seu convenio anual

O Concello do Porriño e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil renovaron o convenio de colaboración para atención de emerxencias no termo municipal.