Xoves, 3 Xullo de 2025

Mos

Mos continúa promovendo o programa Cóidate

Desde o ano 2020 o Concello de Mos desenvolve o programa CÓIDATE. Desde a súa posta en marcha decenas de persoas veñen incorporando hábitos saudables personalizados e titorizados por un coaching.

Mos celebrou a súa 33 edición da Festa dos Maiores congregando a un total de 800 persoas

Onte celebrouse a tradicional Festa dos Maiores do Concello de Mos que nesta súa trixésimo terceira edición homenaxeou a 47 matrimonios mosenses que neste 2023 celebran as súas Vodas de Ouro.

O Camiño da Baxiña, en Tameiga, obxecto de obras de acometida da rede de saneamento

O Concello de Mos, contando con axuda autonómica, atópase inmerso na acometida das obras de “Saneamento no Camiño da Baxiña-parroquia de Tameiga”.

Chega a Mos o proxecto “Enredando” para integrar ás persoas maiores na contorna dixital

Reducir a fenda dixital entre a poboación é o obxectivo do proxecto “Enredando”, que comezou no ano 2020 para evitar procesos de exclusión social por motivos económicos, de xénero, de idade, nivel educativo ou zona de residencia, entre outros.

Avanzan a bo ritmo as obras da Fase I de mellora da seguridade viaria e peonil da EP-2601 Mos-Puxeiros

O tenente de alcalde de Mos e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, e o edil mosense de Urbanismo, José Ramilo, visitaron e supervisaron onte a obra de humanización da Estrada Provincial Mos-Puxeiros.

Posta a punto das Escolas Infantís mosenses de cara ao inicio do curso

O tentente de alcaldesa de Mos, Camilo Grandal, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, visitaron as Escolas Infantís A Galiña Azul de Mos, Veigadaña, Cototorrón e Porteliña, para supervisar os traballos de posta a punto de cara ao inicio do curso o mes que vén.

Tómbola Solidaria da Asociación Española Contra o Cancro de Mos

A AECC (Asociación Española Contra o Cancro) de Mos, organiza a súa tradicional Tómbola Solidaria, que se celebrará nos exteriores do Pazo de Mos, o vindeiro 16 de setembro ao longo de todo o día.

A Policía Local de Mos realizou unha campaña de control das tarxetas para estacionamento en prazas de mobilidade reducida

A Policía Local de Mos informa de que foron retiradas durante o primeiro semestre deste ano 2023 un total de 35 tarxetas de estacionamento en zonas acoutadas para persoas con mobilidade reducida por uso fraudulento.

Mos incorpora unha logopeda máis ao Servizo de Atención Temperá

Os tenentes de alcaldesa do Concello de Mos, Camilo Grandal e Leo Costas, visitaron o Servizo de Atención Temperá que se desenvolve nas instalacións da ludoteca de Louredo (antigas Ecolas Unitarias), que vén de incorporar unha nova logopeda á súa plantilla, sumando un total de 4 traballadoras.

A obra de construción de muro de contención no Piñeiro comezará o mes que vén

A pasada semana celebrouse unha nova sesión ordinaria semanal da Xunta de Goberno Local, na que se deu conta dos trámites de contratación da obra de muro de contención na subida á Cañoteira, no Piñeiro, parroquia de Sanguiñeda.

O Programa Integrado de Emprego de Mos supera, no que vai de ano, o 50 % de inserción laboral

O Programa Integrado de Emprego 2023 Concello de Mos, continúa coas suas accións incorporando ao mercado laboral, diversos postos vencellados aos itinerarios realizados coas 100 persoas usuarias do mesmo.

AGADIC trae a Pili Pampín en concerto a Tameiga

A Axencia Galega das Industrias Culturais, dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, trae a Mos, ao parque de Costoias, o concerto da cantante galega Pili Pampín, enmarcado na programación da Festa de Santa Filomena, que organiza a Asociación Cultural San Martín de Tameiga.