A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Promoción Económica, Julia Loureiro, visitaron o novo 'hotel' de insectos instalado desde o mércores na Veigadaña e que, xunto co que existe na Illa de Sálvora, son os únicos de Galicia. Este peculiar hotel forma parte das actuacións que está a desenvolver o alumnado do Obradoiro Municipal de Emprego Mos Peregrino no tramo do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso por Mos.
Onte presentouse no salón de sesións do Concello de Mos a mascarilla oficial da etapa de La Vuelta Ciclista a España que rematará no Castro de Herville (Cela) o 4 de setembro.
A alcaldesa de Mos Nidia Arévalo, presentou unha campaña publicitaria promocional do municipio mosense con motivo de La Vuelta 21 en Sanxenxo. E precisamente fíxoo na Praia de Silgar acompañada polo alcalde do Concello do que sairá a etapa 20 de La Vuelta con meta en Mos o vindeiro 4 de setembro, Telmo Martín.
As instalacións deportivas municipais de Mos víronse novamente melloradas cun investimento de 40.500€ da Deputación de Pontevedra. Desta volta fixéronse melloras e reparacións nas cubertas do pavillón polideportivo Óscar Pereiro e nos espazos de acceso ao campo de fútbol Coto Torrón.
A Xunta de Galicia sufragará varias obras de mellora na Escola Infantil de Mos-Porteliña, pertencente á rede pública autonómica, que contan cun orzamento de 47.200 euros e que se desenvolverán durante o mes de agosto aproveitando o período de vacacións no centro.
Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Can, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Medio Ambiente Sostible e Mocidade, Leo Costas, anunciaron onte a posta en marcha dunha campaña municipal de fomento da implantación do microchip entre as mascotas das familias do municipio.
Esta fin de semana celebrouse en Mos a carreira de exciclistas e homenaxe a Óscar Pereiro con motivo de La Vuelta 21 ao seu paso por Mos, contando como ‘speaker’ co xornalista Terio Carrera.
A Concellería de Cultura do Concello de Mos, que dirixe a edil Sara Cebreiro, pon en marcha desde hoxe venres 16 de xullo, un programa estival de actuacións musicais polas parroquias, titulado ‘Parroquia a parroquia’.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes mosense, José Areal, e demais membros do equipo de goberno local e da Corporación Municipal recibiron onte, no Concello de Mos, ao vixente Campión de España de + Enduro Master 50.
O fotógrafo, historiador e etnógrafo mosense, Javier Baquero, presentou onte nos exteriores do Local Social de Dornelas, acompañado pola alcaldesa de Mos, a concelleira de Cultura, demais membros do goberno local e da Corporación Municipal e familiares e veciños da parroquia, o seu terceiro libro sobre a historia de Mos.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro da parroquia de Pereiras, de Mocidade e Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, informaron de que o Concello de Mos ven de recibir a resolución favorable de concesión de subvención por parte da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia por importe de preto de 28.000 euros.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.