Venres, 4 Xullo de 2025

Mos

Chega a Mos ‘Piperegrinos, as gaitas do Camiño’

Desde a Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Mos, que dirixe a edil Sara Cebreiro, infórmase de que o vindeiro domingo, día 31 de outubro, ás 18.30 horas, no auditorio do Centro Dotacional de Torroso, terá lugar o concerto gratuíto Piperegrinos, un econtro de destacados gaiteiros da Península Ibérica.

Mos anuncia melloras en dous colexios de Primaria por preto de 400.000 euros

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro, informaron de que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia acometerá antes de que remate o presente ano 2021 sendas obras de mellora por preto de 400.000 euros nos Colexios de Educación Infantil e Primaria mosenses de Atín e Petelos.

Mos proxecta un plan de 40 asfaltados a acometer nos próximos 2 anos

Onte aprobouse en Xunta de Goberno Local a adxudicación das obras de mellora da pavimentación no Camiño de Cabezal e na Estrada Real á empresa concesionaria dos traballos de reposición do firme, que está previsto que comecen de cara á semana que vén.

Mos celebra unha reunión sindical sobre o orzamento 2022 que se atopa en proceso de elaboración por parte do goberno local

Onte celebrouse unha reunión cos representantes de parte dos sindicatos do Concello de Mos, CCOO e CSIF, na que estiveron presentes a alcaldesa, Nidia Arévalo, a concelleira de Persoal, Julia Loureiro, o Secretario Municipal, Carlos Piñeiro Sarmiento, e a Interventora, Sonia Dapena Lois.

Susana Alonso segue colleitando éxitos e trae para Mos a prata na Copa Galicia e o ouro na Marcha Costa da Morte

Esta tarde ás 16.30 horas celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos a recepción a Susana Alonso Carballo polos logros acadados en bicicleta de montaña a comezos do presente mes de outubro.

Política Social pon en valor “o impulso” do voluntariado xuvenil e sénior en Mos

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou onte os participantes nos programas de voluntariado xuvenil e sénior no Concello de Mos. O Goberno galego axuda ás entidades locais na posta en marcha destas actividades enmarcadas no programa de Servizo de voluntariado xuvenil.

Noelia Sías logra por segunda vez consecutiva a prata no concurso nacional do Mellor Artesán Florista

A florista mosense Noelia Sías Villaverde, traballadora de Floristería Lola, participou do 29 de setembro ao sábado 2 de outubro no 'MAF', concurso nacional do Mellor Artesán Florista que se celebrou en Burgos; obtendo o segundo posto, por detrás do sevillano Julio Boza.

O Club Xadrez Mos, canteira de campións nacionais e internacionais

Onte pola tarde ás 19.30 horas celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos a recepción a tres xogadores do Club Xadrez Mos polos logros acadados durante o pasado verán nesta disciplina deportiva.

Mos clausura o obradoiro de emprego ‘Mocidade no Camiño’

A secretaria territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, acompañada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e pola concelleira de Emprego, Julia Loureiro, presidiu a entrega de diplomas ás e os participantes no Obradoiro de Emprego Mocidade no Camiño. Esta acción formativa chega ao seu fin tan só dúas semanas despois do remate do Mos Peregrino e a poucos días do comezo dun novo Obradoiro, SomosMoS

Alcaldesa e goberno local retoman as reunións polas parroquias

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou hoxe que mañá retomaranse as habituais reunións do goberno local polas parroquias, tras máis de ano e medio de crise sanitaria da Covid-19.

O Programa Integrado de Emprego mosense aposta pola conciliación nas accións formativas da súa recta final

O VI Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos atópase na súa recta final, pois rematará o vindeiro 8 de novembro. E nestas últimas semanas o programa atópase volcado en accións formativas plenamente adaptadas á conciliación da vida familiar.

Mos, epicentro do innovador proxecto ‘Fútbol a Pie’ na área

Onte tivo lugar a presentación do proxecto ‘Fútbol a Pie’ no Campo de Fútbol de Cototorrón ás 13.30 horas coa presenza de Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Fernando Iglesias Figueroa, vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, José Areal, concelleiro de Deportes, Patricio Farrapeira, presidente do Club Louro Tameiga, José María Rial Chapela, director do proxecto ‘Fútbol a Pie’ e Manuel Núñez, coordinador de zona do proxecto ‘Fútbol a Pie’.