Luns, 7 Xullo de 2025

Mos

Mos celebra unha reunión sindical sobre o orzamento 2023

Mos celebra unha Mesa Sindical como primeiro paso do novo orzamento municipal para o vindeiro ano 2023.

Mos reclama unánimemente ser escoitado por Fomento respecto da seguridade na A-55

O Concello de Mos aprobou en Pleno a petición unánime de toda a Corporación, a raíz da moción presentada polo equipo de goberno, dirixida ao Ministerio de Transportes para esixirlle o óptimo mantemento e que garanta a seguridade na A-55.

20 mulleres formáronse en Mos para reducir as fendas dixital e de xénero

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, clausurou onte o curso do programa ‘Galegas Dixitais’ no que desde o pasado 19 de setembro se formaron 20 alumnas mosenses, unha iniciativa que se impartiu nas aulas da Axencia de Colocación de Mos. ‘Galegas Dixitais’ foi unha oportunidade única para que estas mulleres, a través dunha formación gratuíta, adquiriran as competencias dixitais necesarias para o seu día a día, para a súa empregabilidade e para o emprendemento.

AEMOS inaugura unha oficina de dixitalización que dará servizo a 120 PEMES de toda a provincia

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, asistiu á Xornada Inaugural da Oficina Acelera Peme - OAP Rural de AEMOS, que ten como OBXECTIVO construír unha rede de apoio ás PEMES da provincia de Pontevedra interesadas en dixtalizar o seu negocio, durante o seu proceso de dixitalización.

Malvela recibe en Lugo o premio Mestras da Memoria 2022

O grupo mosense Malvela foi protagonista o pasado venres da Gala dos Premios Mestra e Mestre da Memoria 2022, na que recibiu o Premio Mestras da Memoria 2022.

A gran festa micolóxica de mos chega á súa décimo oitava edición

Onte pola noite celebrouse no Pazo de Mos a presentación das XVIII Xornadas Micolóxicas e Forestais do Concello de Mos.

Aberto o prazo do programa de voluntariado interxeracional

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, en compañía da alcaldesa, Nidia Arévalo, mantivo onte un encontro informativo no Pazo de Mos para detallar o novo programa de voluntariado interxeracional, cuxo prazo de solicitudes remata o día 27.

Mos, un lugar para vivir

O departamento municipal de Urbanismo vén de elaborar e emitir un informe do balance de licenzas tramitadas e concedidas nos primeiros 9 meses deste ano.

Mos avanza para completar o saneamento no municipio

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron hoxe de que esta semana comezaron as obras de acometida da rede de saneamento na Estrada Nacional 550 ao seu paso pola parroquia de Mos e que se financian con fondos propios municipais.

A mellora da Estrada da Vía de Mos chega á fase final

O Concello de Mos mantén o seu compromiso anual de desenvolver un Plan de Mellora de Camiños Municipais en aras de optimizar a seguridade vial no viario local.

COGAMI recibe un donativo da oficina de CaixaBank de Mos

O presidente da Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da provincia de Pontevedra (COGAMI Pontevedra), Ángel Holguera, recibiu un donativo da man do director de CaixaBank de Mos.

Mos coas primeiras Vivendas Protexidas en San Eleuterio

Técnicos do Concello de Mos e do Instituto Galego de Vivenda e Solo, IGVS, reuníronse onte, venres 14 de outubro, en Santiago de Compostela para tratar a posta a disposición da parcela municipal de 2.000 metros cadrados ao IGVS.