Domingo, 6 Xullo de 2025

Mos

Mos homenaxea a Verónica Presa e Luis Argüelles, campións Galegos de Arco Composto

Onte luns, o salón de sesións do Concello de Mos, acolleu a recepción dos arqueiros do mosense Club Tiro Con Arco Archers Team, Verónica Presa e Luis Argüelles, polos resultados obtidos o pasado mes de decembro no Campionato Galego de Tiro Con Arco en Sala.

A rede galega de “Parques sen Fume” chea ao parque da Pesqueira de Mos

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asisitu ao acto de colocación da sinalización da Rede de “Parques sen Fume” no parque da Pesqueira. Este parque, pertencente ao concello Mos, é o primeiro da área de Vigo en adherirse a rede.

Mos desbrozará os camiños do municipio

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou a aprobación en Xunta de Goberno Local do inicio do expediente de contratación do servizo de limpeza viaria e desbroce de camiños.

Mos avanza cara ao saneamento integral dando servizo a 20 casas das parroquias de Louredo e Tameiga

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron hoxe que desde a admistración local continúanse a dar importantes pasos para completar a rede de saneamento no municipio.

Mos aproba o seu orzamento municipal para 2023

Esta semana foi aprobado definitivamente en sesión extraordinaria do Pleno do Concello de Mos o orzamento municipal para 2023 (de 13 millóns de euros), que entrará en vigor un mes máis tarde do previsto, ao terse presentado alegacións por parte de GañaMos e BNG ao documento, que xa fora aprobado inicialmente en Pleno o pasado mes de novembro.

Mos conta cun aumento das licenzas urbanísticas

O departamento municipal de Urbanismo vén de elaborar e emitir un informe do balance anual de licenzas tramitadas e concedidas durante o ano pasado. En 2022 aumentaron un 16,5 % as licenzas respecto das concedidas en 2021, pasando de 406 a 472 (66 licenzas máis en 2022 que en 2021).

Mos corre contra o cancro

Esta mañá celebrouse no salón de sesións do Concello a presentación da carreira 10K, ‘CorreMOS contra o CANCRO’, organizada pola admistración local mosense.

Mos rematou o 2022 renovando os parques

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Servizos para a mellora do entorno rural e urbano, Baldomero Lorenzo García, informaron de que o Concello rematou o ano mellorando os seus parques infantís.

O Club mosense Zusanli de Taekwondo gaña 8 medallas na Copa Galicia

Onte pola tarde celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos a recepción aos medallistas do Club Taekwondo Zusanli na Copa Xunta de Galicia.

Touriñán dará as badaladas de Pre Fin de Ano en Mos

Onte pola tarde a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Turismo e Participación Cidadá, Sara Cebreiro, e demais membros do equipo de goberno local presentaron nos exteriores do Pazo de Mos a gran festa Pre Fin de Ano

Mos ampliará en preto de 5.000 m2 o parque da auga da Pesqueira

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada polo secretario municipal, Carlos Piñeiro Sarmiento, asinou na notaría do Porriño, xunto cos propietarios e propietarias dos terreos, a compra e o pago das parcelas necesarias para ampliar o parque da auga da Pesqueira. Trátase do último trámite administrativo antes de poder comezar a obra.

Un ano máis Mos Axuda no Nadal para que ninguén perda a ilusión do Nadal

Onte tivo lugar no salón de sesións do Concello de Mos ás 10.30 horas o acto de agradecemento ao empresariado mosense e demais entidades colaboradoras pola súa colaboración na campaña solidaria municipal Mos Axuda no Nadal.