Domingo, 4 Maio de 2025

Tui

Tui celebrará a próxima fin de semana a III Feira da Cabaza

A próxima fin de semana Tui volverá pór en valor os produtos da terra e as tradicións vinculadas ao outono coa celebración da terceira edición da Feira da Cabaza. O programa de actividades desenvolverase o sábado 28 e o domingo 29, así coma o martes 31.

A Xunta musealizará a Catedral de Tui

A Xunta de Galicia vai destinar 1,4 M€ para mellorar a visita cultural á Catedral de Tui. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, nunha visita xunto ao bispo da Diocese de Tui-Vigo, Luis Quinteiro, na que avanzou que xa están en marcha os primeiros traballos, centrados na restauración de diferentes elementos escultóricos.

O Mercado de Nadal volta a Tui

O Paseo da Corredoira inundarase do espírito do Nadal do 1 de decembro ao 5 de xaneiro coa celebración do Mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui.

O obradoiro de emprego recuperou máis de 4.600 metros da senda do río Furnia en Tui

Onte tivo lugar a clausura do obradoiro dual de emprego “Senda Peonil do río Furnia” tras un ano de formación e traballo que permitiu culminar unha senda de 4.650 metros á beira do río Furnia nas parroquias de Malvas e Pexegueiro.

Talía Teatro presenta este venres en Tui “Unha inimiga do pobo” de Ibsen

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 20 de outubro, ás 21.30 h a representación de “Unha inimiga do pobo” da man de Talía Teatro dentro da programación de outono.

O xurado de Vilas en Flor coñeceu este luns as actuacións de mellora urbana realizadas en Tui

A aposta polas sendas fluviais, os proxectos de humanización executados e os que comezarán en breve, xunto ao traballo realizado para mellorar o entorno urbano e rural foron algúns dos aspectos transmitidos dende o Concello de Tui aos dous membros do xurado de Vilas en Flor que este luns visitaron o municipio.

Comeza o programa “O Cine nas Aulas” en Tui

O cinema coma medio para abordar distintas temáticas sobre as que reflexionar, traballar e aprender é o obxectivo do programa “O Cine nas Aulas” que dende hai máis dunha década desenvolve o Concello de Tui.

Nova sesión de contacontos na biblioteca con Tania Justo en Tui

O próximo martes, 17 de outubro, ás 17.30 h continúan as actividades de “Outubro mes da Biblioteca” cunha nova actividade de animación dirixida a rapazas e rapaces de 3 a 6 anos de idade.

Teatro, magosto e micro toponimia no programa da Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza de Randufe, Tui, para outubro e novembro

A Asociación Cultural e Deportiva da Asociación Cultural e Deportiva 'Xuntanza' de Randufe, no Concello de Tui, vén de dar a coñecer o seu programa de actividades para os meses de outubro e novembro e no que o teatro, un magosto e unha charla sobre microtoponimia serán protagonistas.

Tui e Versmold celebran dez anos irmandade

O acordo de irmandade entre Tui e a cidade alemá de Versmold goza de moi boa saúde tanto a nivel social coma institucional. Así quedou reflectido na viaxe que a pasada fin de semana realizaron a Alemaña o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, e na que tamén participaron representantes do Tyde e veciñanza tudense.

O 40 % das persoas que realizaron o Camiño Portugués en setembro saíron dende Tui

Un total de 5.322 persoas saíron dende Tui no pasado mes de setembro para realizar o Camiño Portugués de Santiago. Representan o 40 % dos 13.300 peregrinos e peregrinas que en setembro percorreron esta vía xacobea.

Cortes de tráfico o xoves en ramais do enlace da autovía Tui-A Guarda coa A-55

O avance nas obras de conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55 fará necesario o corte de tráfico en ramais do enlace con esta última estrada a partir deste xoves.