Esta semana comezou a segunda edición do programa “Cultiva a Mente” froito da colaboración entre o Concello de Tui e AFAGA, a Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras demencias de Galicia.
O Concello de Tui solicitará ao Instituto Galego de Vivenda e Solo a declaración do conxunto histórico e a súa contorna como Área REXURBE, Área de Rexeneración Urbana de Interese Autonómico.
O Concello de Tui de vén de rematar as obras de mellora nas canles do refuxio municipal de cans situado en Guillarei. Os traballos consistiron no cambio da estrutura e do tellado nas doce canles máis antigas do refuxio. En concreto foron retiradas as vellas e corroídas estruturas metálicas e o tellado de uralita.
A cidade de Tui, porta do Camiños Portugueses de Santiago, acollerá este sábado, 17 de outubro, un concerto a cargo Leni Pérez e Roberto Comesaña que tras unha ampla investigación sobre o patrimonio inmaterial do Camiño Portugués teñen preparado este espectáculo sobre a nosa tradición oral que veñen interpretando nas diversas localidades do Camiño Portugués e que chegan esta vindeira fin de semana á cidade de Tui.
O Concello de Tui informa que a partir do próximo luns, 19 de outubro, para presentar documentación á Ventanilla Única no rexistro de entrada na casa do concello deberase solicitar cita previa no 687 22 71 90. A presentación de documentación dirixida ao propio concello e de competencia municipal poderá seguir a facerse sen cita previa.
“Volvemos ao teatro” é o lema da programación de outono que dende este venres, 16 de outubro, e até o 21 de novembro se vai celebrar no Teatro Municipal de Tui. Foi presentada onte polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, e o músico Samuel Diz.
Noventa novos colectores para a recollida de envases, realizados en material 100% reciclable, están a ser distribuídos estes días polas distintas parroquias de Tui.
O Concello vén de adquirir estes novos colectores co obxectivo de incrementar a recollida selectiva do lixo, neste caso de plásticos e envases, no rural.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui continúa desenvolvendo as actividades conmemorativas do seu 50 aniversario cun amplo programa que na vindeira semana comprende senllas actividades de animación á lectura dirixidas a dous sectores de público infantil e familiar.
Esta fin de semana, tanto o sábado coma o domingo, o tren turístico da Eurocidade realizará unha viaxe dende o centro urbano até os muíños do río Tripes. Sairá as dúas xornadas ás 10 h dende a Praza da Inmaculada e regresará ás 13 h. As prazas ofertadas son 30 que se deben reservar na Oficina de Turismo ou no correo [email protected].
Hoxe mércores, ás 19 h na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, realizarán unha visita á exposición 'O Camiño do Humor' que recolle unha recompilación de viñetas do ilustrador e deseñador gráfico galego Luís Davila. A mostra está organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia.
O Concello de Tui e o IKFEM amosaron o venres o seu agradecemento aos colectivos que dende o inicio da pandemia teñen colaborado co Concello en diversas facetas. O agradecemento chegou en forma de velada musical coa asistencia de 25 persoas da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño e do Voluntariado da Caridade de San Vicente de Paul ao concerto inaugural que ofreceu no Teatro Municipal o Quarteto Contratempus.
O próximo martes, 13 de outubro, ponse en marcha a segunda edición do programa 'Cultiva a Mente' froito da colaboración entre o Concello de Tui, a través do departamento de Servizos Sociais, e AFAGA, a Asociación de Familiares de Persoas con Alzhéimer e outras demencias de Galicia.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.