Domingo, 4 Maio de 2025

Tui

O Mercado de Nadal de Tui consolídase coa participación de 50 expositores

Comeza a conta atrás para o Mercado de Nadal que Tui que reunirá a un total de 50 expositores ao longo das tres quendas en que se vai celebrar dende o 1 de decembro ao 5 de xaneiro.

Preto de medio millar de persoas participarán este sábado no VII Urban Trail Night Eurocidade

Preto de medio millar de persoas participarán este sábado, 25 de novembro, no VII Urban Trail Night Eurocidade, que partirá ás 19.30 h do Centro Coordenador de Transportes de Valença, e cuxa liña de meta estará situada no Paseo da Corredoira en Tui.

Aurora Marco presenta en Tui o seu libro “Carmiña Sierra. A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos”

Este mércores, 22 de novembro, ás 19 h na Sala Félix Rodríguez a escritora e investigadora Aurora Marco que presentará o seu último libro titulado “Carmiña Sierra. A primeira muller no Seminario de Estudios Galegos”.

As bandas sonoras protagonizan o concerto solidario de Santa Icía da Banda de Música Popular de Tui

A Banda de Música Popular de Tui vai celebrar a festividade de Santa Icía, patroa dos músicos, cun concerto solidario en beneficio de SOS Tomiño Baixo Miño protagonizado polas bandas sonoras.

Este domingo celébrase o VIII Concurso de Pintura ao Aire Libre “Pinta Tui”

Este domingo, 19 de novembro, dende as 10 h, as rúas de Tui acollen a celebración do VIII Concurso de pintura ao aire libre “Pinta Tui”. A intención é promover e achegar o arte e a cultura aos visitantes e incentivar a dinamización turística e as actividades do Concello. Está organizado por Efectos, co patrocinio do Concello de Tui e distintas casas comerciais.

Tui clausura o Programa Integrado de Emprego cunha inserción laboral do 70 %

O 70 % do centenar de persoas participantes no Programa Integrado de Emprego clausurado esta semana en Tui incorporáronse ao mercado laboral.

Presentación da biografía sobre Basilio Álvarez no ciclo “Sobredo 101 anos despois”

Este mércores, 15 de novembro, lugar a presentación do libro “Ese vento que vai sobor da terra. A vida desmedida de Basilio Álvarez”, obra Miguel Cabo Villaverde, profesor de historia na Universidade de Santiago de Compostela editada pola Deputación de Ourense.

O coro Vox Stellae ofrece un concerto mañá nas Xornadas Francisco Sánchez

O prestixioso coro Vox Stellae ofrecerá mañá martes, 14 de novembro, ás 20 h no Teatro Municipal de Tui un concerto extraordinario titulado “A propósito de Francisco Sánchez ‘o escéptico’ (1550-1623)”.

O Camiño Portugués foi realizado en outubro por 10.308 persoas, das que o 75% eran estranxeiras

O pasado mes de outubro de novo os datos de afluencia de peregrinos polo Camiño Portugués acadan cifras altamente positivas con 10.308 persoas que percorreron esta vía xacobea.

Este venres proxéctase “Matria” no teatro municipal de Tui

O cinema é o protagonista esta semana na programación de outono no teatro municipal de Tui. Hoxe venres ás 21.30 horas proxectarase a película “ Matria” dirixida por Álvaro Gago.

Tui e a Deputación executarán a primeira fase da humanización do Paseo da Corredoira

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López; e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, asinaron este mércores un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030).

O Concello de Tui e o Consello da Cultura Galega homenaxean a Francisco Sánchez

O Concello de Tui e o Consello da Cultura Galega homenaxean ao tudense Francisco Sánchez con motivo do cuarto centenario do seu pasamento. Será o próximo martes, 14 de novembro, na Sala Félix Rodríguez coa “Xornada Francisco Sánchez no IV Centenario da súa morte”.