O proxecto de humanización da Avenida de Portugal no tramo comprendido entre a vella Ponte Internacional e o cruce coa N-550 continúa avanzando na súa tramitación. En concreto a Dirección Xeral de Patrimonio resolveu autorizar as obras do Proxecto de construción de adecuación e mellora da seguridade viaria na estrada N-551 pk 1+400 a 1+850 coincidente coa traza do Camiño Portugués de Santiago coas condicións e consideracións técnicas indicadas no informe.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui continua desenvolvendo a súa programación de actividades do “Mes da biblioteca” cunha nova sesión de contos para os usuarios máis cativos deste centro bibliotecario.
Xa está aberto o prazo de inscrición para a III Carreira de Orientación da Eurocidade, que se celebrará o domingo 24 de outubro, organizada por Xesta Natureza, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e subvencionada polo programa Interreg.
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe que a Consellería de Emprego e Igualdade vén de aprobar a celebración de 23 cursos de Acción Formativa para Desempregados (AFD) nas bisbarras do Condado e O Baixo Miño cun investimento de máis de 1,1 millóns de euros.
Tui será a sede esta fin de semana das fases de ascenso a División de Honra Infantil e Xuvenil Masculino de Balonmán nas que participa o Balonmán Tui en ambas categorías.
Os concellos pontevedreses de Tui e Gondomar presentaron hoxe as súas respectivas ofertas culturais para este outono, dentro das que programarán 13 funcións de teatro, danza e música cofinanciadas pola Xunta de Galicia a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Onte tivo lugar na rúa Olímpicos Tudenses a recolocación da placa cos nomes dos deportistas tudenses que teñen participado nuns Xogos Olímpicos tras a incorporación do nome de Gustavo Rodríguez Iglesias, medalla de prata nos Xogos Paralímpicos de Tokio en Triatlón PTVI.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle este xoves, 30 de setembro, ás 20.30 h, a presentación da novela “1598: La peste en Vigo. El secreto del reclinatorio del prior”, escrita por Antonio Giraldez Lomba.
O programa “Cultiva a Mente” posto en marcha polo Concello de Tui e AFAGA, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia, inicia unha nova temporada o próximo mes de outubro.
Ata o vindeiro xoves, 30 de setembro, pódese participar en Tui, ao igual que nas outras cidades pertecentes á Red de Juderías, no xogo gratuíto “Busca la llave del Diálogo / Busca a chave do diálogo”.
O Concello de Tui promove unha xornada titulada “Turismo para un crecemento inclusivo” con motivo do Día Mundial do Turismo que se celebra o próximo luns. Será na Aula da UNED no antigo convento de San Domingos de 10 a 13 h.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.