Martes, 1 Xullo de 2025

Tui

Tui quere transformar o mercado municipal e o comercio local

"Facer o noso tecido comercial e o mercado municipal máis competitivo, moderno e adaptado ás necesidades e tendencias de consumo actuais son parte dos obxectivos que persegue o proxecto de 'Reforma e modernización do mercado municipal e dixitalización e revitalización do comercio local de Tui'", segundo informa o alcalde de Tui.

A película Arrietty chega este venres 12 de agosto ao Paseo Fluvial

Este venres, 12 de agosto, proxéctase no Paseo Fluvial a película de animación xaponesa Arrietty e o mundo dos diminutos, adaptación do conto infantil "The Borrowers" de Mary Norton e ambientada no Tokio contemporáneo.

Un neno saharauí pasará o verán en Tui nunha familia de acollida

Un neno saharauí de 8 anos, Yusef Abderrahman, pasará o verán en Tui no seo dunha familia de acollida. Grazas ao programa Vacacións en Paz que organiza Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, SOGAPS, este cativo pasará os meses estivais na cidade.

A praia de Areeiros pecharase mañá de 8 a 16 horas

O Concello de Tui informa que mañá martes, de 8 a 16 h a praia de Areeiros, en Guillarei, permanecerá pechada.

Tui fará da rúa Barca un espazo amable para a cidadanía

O fomento da mobilidade activa, a creación de espazos públicos seguros e accesibles e a mellora significativa da calidade urbana e ambiental son, segundo o alcalde Enrique Cabaleiro, algúns dos obxectivos do proxecto de acondicionamento da rúa Barca que vén de ser solicitado á rede ÁGORA da Deputación de Pontevedra.

O público aplaudiu a segunda edición do FIAR na Eurocidade Tui-Valença

Consolidación xa na súa segunda edición do FIAR, o Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença, que se celebrou o venres 22, o sábado 23 e o domingo 24 de xullo.

Concedido ao Concello de Tui ao obradoiro dual de emprego “Senda río Furnia”

O Concello de Tui vén de recibir a notificación da Consellería de Emprego e Igualdade da concesión dunha subvención de 503.987,00 € para a realización do obradoiro dual de emprego “Senda río Furnia”, nas parroquias de Malvas e Pexegueiro. Trátase dun proxecto moi ambicioso que ten coma finalidade a formación en dúas profesións con gran demanda laboral.

Obradoiros, talleres formativos e consultas personalizadas para mulleres no programa Feminino Plural

O Concello de Tui vén de pór en marcha Feminino Plural, un programa innovador, integral e intensivo para o impulso das mulleres. Esta semana tivo lugar, na Aula da UNED, a presentación do mesmo por parte da concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, e das técnicas que conforma o equipo multidisciplinar desta acción.

A bailarina Esther Latorre danza en Tui para render homenaxe a todas as mulleres que loitan

A Deputación de Pontevedra continúa a espallar o programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” por toda a provincia nesta ocasión cunha actuación protagonizada pola bailarina Esther Latorre.

Clausurado o Obradoiro de Emprego de Tui tras o excelente labor realizado na recuperación do patrimonio

A Aula da UNED en Tui acolleu este pasado venres o acto de clausura do Obradoiro de Emprego ‘Revaloriza Tui’. Unha actividade formativa que se viña desenvolvendo dende outubro de 2021 e na que participaron vinte alumnos e alumnas que hoxe recibiron o seu certificado final de profesionalidade. Dez deles o fixeron na modalidade de cantería especializada en Colocación de Pedra Natural e Montaxe e outros tantos na de carpintería en Instalación de Construcións de Madeira.

A exposición fotográfica ‘Camiño Branco. Camiño Antártico’ pode visitarse en Tui até finais de agosto

Dende hoxe pode visitarse na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, a exposición 'Camiño Branco. Camiño Antártico' composta por 62 fotografías que documentan os máis de 14 mil quilómetros da ruta xacobea máis longa até a data.

A Axenda Urbana de Tui presentou a diagnose que da paso á redacción do plan de acción

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quere agradecer a toda a cidadanía participante no acto de presentación da diagnose da Axenda Urbana de Tui a súa implicación e colaboración. O alcalde fai tamén extensivo o seu agradecemento a todas as persoas participantes nas mesas de traballo, nas entrevistas semiestruturadas e nas enquisas telefónicas realizadas no proceso de participación que permitiu presentar, agora, a análise DAFO de Tui.