Este domingo, o pavillón municipal Gustavo Rodríguez de Tui acollerá a novena edición do Campionato Ibérico de Kung Fu en modalidade tradicional e moderna.
O Concello de Tui conmemorará esta semana o CXXXII aniversario da celebración na cidade dos Xogos Florais de Galicia, que tiveron lugar do 24 ao 26 de xuño do ano 1891 e que marcaron un singular fito na historia de Galicia.
O alumno de 2º da ESO do Colexio Santa María – Maristas de Tui, Rodrigo Buján Fernández, foi seleccionado como un dos gañadores do IV Concurso de microrrelatos convocado pola Red de Juderías de España entre os alumnos de 1º e 2º de educación secundaria de toda España.
O próximo luns, 19 de xuño, comezarán as obras de humanización da rúa Lugo en pleno centro urbano de Tui. Por este motivo non se poderá nin circular nin estacionar neste vial.
Hoxe sábado, 17 de xuño, abrirá ao público a piscina municipal de Tui. O seu horario será de luns a venres de 13:30 a 20:30 h e os sábados, domingos e festivos de 12:30 a 20:30 horas.
O Concello de Tui lembra que a práctica de xogos nos espazos abertos que impliquen un risco relevante para a seguridade de persoas ou bens e, especialmente, a circulación temeraria con patíns ou monopatíns por beirarrúas ou lugares destinados aos peóns constitúe unha infracción grave da Ordenanza Reguladora da Convivencia Cidadá nos Espazos Públicos.
Por primeira vez en quince anos, o número de persoas desempregadas en Tui descendeu por baixo da barreira das 1000, segundo os datos correspondentes ao mes de maio de 2023. En concreto o paro situouse nas 989 persoas o mes pasado, diminuíndo en 98 persoas con respecto a abril.
Onte celebrouse unha recepción aos 12 xogadores do Tyde F.C. que van a participar no Torneo Internacional de Versmold, onde compartirán experiencia con clubs de 12 países. Foron recibidos no salón de sesións da casa do Concello de Tui polo alcalde de Tui en funcións, Enrique Cabaleiro, e polo concelleiro de Deportes en funcións, Rafael Estévez.
Dentro da programación de ‘Tui en Letras’, este venres terá lugar unha nova ruta literaria pola cidade de Tui na que os participantes percorreran diversos lugares da cidade vinculados a figuras literarias tudenses.
O Concello de Tui convoca unha reunión informativa o próximo xoves, 15 de xuño, ás 19 h no salón de plenos da casa do concello para a veciñanza afectada pola modificación puntual do PXOM da reforma urbanística da zona de San Bartolomeu.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.