O próximo luns, 19 de xuño, comezarán as obras de humanización da rúa Lugo en pleno centro urbano de Tui. Por este motivo non se poderá nin circular nin estacionar neste vial. Haberá tamén cambios no tráfico na rúa Ourense, xa que provisionalmente mentres duren as obras suprimirase o aparcamento en batería para habilitar na intersección entre esta rúa e Colón, Martínez Padín, e Augusto González Besada tres carrís de circulación.
A actuación prevista na Lugo suporá un investimento superior aos 200 mil euros con cargo ao Plan Concellos. As obras teñen un prazo de execución de dous meses. Intervirase o tramo comprendido entre a rúa Ourense e a praza de Galicia que pasará a ser de sentido único.
Enrique Cabaleiro, alcalde en funcións, sinala que con esta actuación “trátase de adecuar esa rúa, cada vez máis transitada, nunha rúa que responda aos estándares que debe responder nestes momentos unha vía urbana”. Así o proxecto a executar contempla a execución de beirarrúas máis anchas, zonas esparcemento, novo mobiliario urbano e zonas verdes, e eliminación de barreiras arquitectónicas. Unha vez rematas as obras pasará ter sentido único de circulación, en principio cara a praza de Galicia.