Domingo, 11 Maio de 2025

Tomiño

Bará comprométese a integrar o Baixo Miño no transporte metropolitano de Vigo para conseguir “máis frecuencias e mellores prezos”

O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, comprometeuse hoxe a integrar a comarca do Baixo Miño no transporte metropolitano de Vigo para que a súa veciñanza se beneficie de maiores frecuencias e prezos máis baixos. O nacionalista realizou esta proposta nun acto hoxe en Tomiño xunto ao tamén candidato da comarca Xose Manuel Méndez, ás alcaldesas de Tomiño e O Rosal, Sandra González e Ánxela Fernández, o portavoz municipal de A Guarda Anxo Baz, o concelleiro en Tui Xosé Martínez Tato, e a membro do consello local de Oia Marisa Guerra.

A Deputación envórcase no apoio ao viveirismo da planta ornamental e da flor cortada do Baixo Miño moi castigado pola COVID19

Cos hashtags #PonteEnFlor e #FloresDoBaixoMiño e lemas como #ConectaCoVerde, #RodéateDeVida e #ViveEnColor, a Deputación de Pontevedra e a Asociación de Cultivos de Baixo Miño, ACUBAM, presentaron hoxe, na Praza do Seixo de Tomiño, a campaña de promoción que a institución provincial pon en marcha para apoiar ao sector da planta ornamental e flor cortada e, consecuentemente, a todos os concellos onde se produce da comarca do Baixo Miño, que tanto sufriron a crise sanitaria ao coincidir o máis duro da pandemia co momento das ventas e exportacións do sector.

A Comisión das Festas do Alivio suspende os festexos da festividade por mor do Covid-19

A Comisión de Festas da Nosa Señora do Alivio tomou a dolorosa decisión de suspender os festexos do mes de setembro de 2020, por mor da dramática situación provocada pola pandemia do Coronavirus.

A Eurocidade Cerveira-Tomiño e a AECT Río Miño reclaman un plan de recuperación específico para o territorio transfronteirizo

Os plans de recuperación posCOVID19 deben ter unha liña de apoio específica para os concellos limítrofes coa fronteira Portugal-España, xa que neles dáse un dobre impacto negativo: ao derivado da COVID19, como no resto do territorio, súmase a penalización provocada pola restauración das fronteiras. Esta é a principal conclusión da xornada de traballo mantida hoxe en Tomiño para analizar medidas de recuperación e impulso á cooperación transfronteiriza tras a crise da COVID 19.

Tomiño prioriza a circulación de persoas no novo espazo público do Seixo con excepcións só para residentes e comerciantes

Crear un Área de Circulación Restrinxida (A.CI.RE.) nas rúas do núcleo urbano do Seixo, con total prioridade para os peóns, e na que non se permitirá a circulación de vehículos, salvo os debidamente autorizados, é a decisión tomada polo Concello de Tomiño, que entrará en vigor en breve, tras o remate das obras de humanización levadas a cabo nos últimos meses.

Tomiño recibe os primeiros selos de ‘Comercio Seguro’

A Federación Provincial de Comercio fixo entrega en Tomiño dos primeiros selos dunha campaña que infunde confianza nos consumidores. Estes selos acreditan como 'Comercio Seguro' aos pequenos establecementos que aplican os protocolos sanitarios e hixiénicos estipulados pola Xunta trala crise do Covid-19.

O Baixo Miño contará coa súa propia Unidade de Atención Temperá para menores de 6 anos

A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, constituída polos concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, acordou esta semana dar luz verde á creación dunha Unidade de Atención Temperá para a comarca; unha iniciativa que permitirá ás familias de calquera deste catro municipios con menores con dificultades de aprendizaxe, ser tratadas na propia comarca, sen ter que trasladarse ata Vigo.

Tomiño pon a disposición do alumnado os recursos informáticos da Aula CeMIT para acceder a contenidos educativos

O Concello de Tomiño, a través do Servizo de Educación e Apoio ás Familias, pon a disposición do alumnado de Primaria e Secundaria os recursos informáticos da Aula CeMIT, co obxectivo de ofrecer unha atención específica aos nenos, nenas e adolescentes escolarizados nos diferentes centros do municipio, debido ás dificultades e necesidades que provoca a situación excepcional da crise do Covid-19.

Concellos galegos súmanse ao manifesto ‘Cooperación contra o coronavirus’

Un total de 15 concellos galegos aprobaron xa o manifesto 'Cooperación contra o coroavirus' que promove no eido estatal a Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad, da que forman parte nove fondos que representan a máis de 1.300 administracións locais, entre eles o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

O Concello de Tomiño realiza unha campaña de normalización lingüística e apoio ao comercio local

O concello de Tomiño, tras conmemorar o Día das Letras Galegas, continúa coa súa campaña de normalización lingüística a través da posta en marcha dunha iniciativa específica dirixida ao sector comercial tomiñés, na que colaborou previamente toda a cidadanía.

O Servizo de Apoio Familiar de Tomiño traballa en rede coas familias para acompañalas no confinamento

Desde hai máis de 2 meses, debido á excepcional situación de confinamento no fogar, o Servizo de Educación e Apoio Familiar (SEAF) traballa en consecuencia para acompañar ás familias en todo o proceso e salvagardar o seu benestar, a través de varias iniciativas.

A execución de proxectos vencedores OPT da Eurocidade Cerveira-Tomiño pasa ao 2021 e cancélase a edición deste ano

Ante o actual contexto de pandemia Covid-19, o Comité de Xestión Estratéxica (CXE) da Eurocidade Cerveira-Tomiño decidiu, esta semana, cancelar a próxima edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) Cerveira-Tomiño, e prorrogar para 2021 a execución dos proxectos vencedores do ano pasado.