Domingo, 11 Maio de 2025

Tomiño

Tomiño participa nun proxecto europeo para promover a formación en valores, a través da música

“Play2 Grow!” é o nome que agrupa aos Concellos de Paredes de Coura e Tomiño, e ás respectivas Escola de Rock e Escola de Música de Goián, coa Fondazione Maria Ida Viglino per la Cultura Musicale de Aosta (Italia), nun proxecto Erasmus que pretende xerar un conxunto de actividades formativas, que permitan a mozos e mozas adquirir unha serie de valores e habilidades a través da música.

A fanfarria feminina ‘Brassica Rapa’ chega este venres á Praza do Seixo de Tomiño

A fanfarria galega totalmente feminina 'Brassica Rapa' chega a Tomiño para ofrecer este venres un concerto ás 22:30 horas na Praza do Seixo. Trátase dunha brass band nada a finais de 2017 buscando darlle unha volta ao concepto de charanga. Formado integramente por mulleres, tocan instrumentos de vento metal e percusión e crean unha atmosfera alegre coa súa música, de repertorio coñecido e fresco, con a que a festa está asegurada.

O Consello da Infancia de Tomiño celebra a súa segunda reunión cunha vintena de novos integrantes

O Consello da Infancia e Adolescencia ‘Voces Novas’, de Tomiño, celebrou o pasado luns a súa segunda xuntanza despois do confinamento, cunha vintena de novos e novas integrantes. A reunión tivo lugar ao aire libre, tal coma estaba previsto, na zona de Grixó (entre Barrantes e Tebra), cunha vintena de integrantes, procedentes dos colexios de Primaria e do IES Antón Alonso Ríos.

A App móbil de Tomiño recibe unha media de 200 incidencias ao mes

A App móbil Liña Verde do Concello de Tomiño, un servizo de comunicación directo ca cidadanía, que leva funcionando uns cinco meses, recibe unha media de 200 incidencias ao mes, das que se resolven dúas de cada tres (68,7%) en poucos días.

Tomiño axuda, por cuarto ano consecutivo, ás traídas de augas para mellorar os sistemas de captación, almacenamento e potabilización

Por cuarto ano consecutivo, unha trintena de comunidades de auga de Tomiño, poderá acceder á liña de subvencións municipais que pretende contribuír á mellora dos sistemas de captación, abastecemento e potabilización. As bases das axudas, aprobadas esta semana en Xunta de Goberno, serán publicadas en breve no BOP (Boletín Oficial da Provincia).

O PSOE de Tomiño pedirá no Pleno que a Xunta retire o actual protocolo de apertura dos colexios “e abra canles de diálogo coa...

O Grupo Municipal Socialista do Concello de Tomiño propoñerá ao Pleno da Corporación Municipal instar á Xunta de Galicia, en concreto ás consellerías de Educación e Sanidade, a que retiren o actual protocolo de apertura dos colexios para o vindeiro curso "e a apertura de canles de diálogo coa comunidade educativa –axentes sociais, profesorado e familias– que permitan consensuar un documento eficaz e realista coas necesidades dos centros educativos".

Tomiño arranxa sendas e áreas recreativas de diferentes espazos naturais

O Concello de Tomiño, a través do Departamento de Obras, continua a súa labor de arranxar sendas e percorridos por distintos espazos naturais para que a xente que os utiliza, sobre todo, despois do confinamento, poida pasear e facer exercizo nas mellores condicións posible.

Tomiño avalía coas directivas dos colexios e ANPAS o ‘Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19’ proposto pola Xunta

O Departamento de Educación do Concello de Tomiño, convocou sendas xuntanzas os días 29 e 30 de xullo cos equipos directivos dos centros educativos e ANPAS do municipio co fin de realizar unha valoración conxunta do 'Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 para o inicio do desenvolvemento da actividade lectiva no curso académico 2020/2021', imposto pola Xunta de Galicia.

Iniciadas as obras de mellora da seguridade viaria na PO-552 entre Tomiño e Tui

A Xunta vén de iniciar as obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552, nos Concellos de Tui e Tomiño, unha actuación enmarcada na estratexia da Xunta para eliminar os tramos de concentración de accidentes nas vías autonómicas. Os traballos a realizar contan cun investimento de 548.000 euros e teñen un prazo de execución de 12 meses.

Unha vintena de persoas obteñen a licenza de navegación en Goián

O curso celebrouse o pasado 1 de agosto, para poder obter a LICENZA DE NAVEGACIÓN, en Goián - Tomiño. Matriculáronse 22 persoas, das cales 15 fixeron o curso completo (teoría e práctica) e 7 só fixeron a parte práctica porque xa estaban en posesión da Autorización Federativa e por tanto valídaselle a parte teórica.

Os Orzamentos Participativos Transfronteirizos Cerveira-Tomiño, premio ‘Autarquía do Ano 2020’

O Lisbon Awards Group concedeu este xoves ao municipio de Vila Nova de Cerveira un premio na categoría 'Democracia, Igualdade e Participación Cívic-Orzamento Participativo' na 1ª edición do Premio Autarquía do Ano, co proxecto 'Participación pública sen fronteiras' (Orzamento Participativo Transfronteirizo-OPT Cerveira-Tomiño).

Tomiño despide xullo con cinema ao aire libre e a proxección, hoxe venres, de ‘EL REGRESO DE MARY POPPINS’

Tomiño despide o mes de xullo con cinema ao aire libre e a proxección, hoxe venres 31 de xullo ás 22.30h na Praza do Seixo, de EL REGRESO DE MARY POPPINS: unha película de xénero musical, fantasía e comedia, apta para todos os públicos. As entradas poden conseguirse (de balde) a través da web municipal. As entradas para o cine poden reservarse de balde chamando ao Concello (986 62 20 01).