Mércores, 14 Maio de 2025

Tomiño

Tomiño rexeita o proxecto eólico da Serra da Groba

A corporación municipal do Concello de Tomiño aprobou no pleno municipal celebrado esta semana unha moción de rexeitamento do proxecto de parque eólico promovido pola Xunta de Galicia na Serra da Groba. Contou co voto a favor dos grupos municipais do BNG e o PSOE e a abstención do PP.

Tomiño insta ao Goberno Central a apoiar a financiación da biblioteca municipal

O Concello de Tomiño aprobou no pleno celebrado este martes unha moción na que se insta ao Goberno Central a repoñer a partida orzamentaria comprometida co Concello de Tomiño para a construcción da biblioteca.

Os alcaldes de Tomiño e Cerveira presentan a Eurocidade á nova presidencia da rexión Norte de Portugal

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da cámara municipal de Vila Nova de Cerveira e director da AECT Río Minho, Fernando Nogueira, desprazáronse este luns á cidade do Porto para manter unha reunión coa recén escollida presidencia da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N), o homólogo administrativo da Xunta de Galicia no norte do país luso.

Tomiño aproba en pleno de maneira inicial os orzamentos municipais para o ano 2021

O Concello de Tomiño aprobou onte de maneira inicial os seus orzamentos para o 2021 no pleno municipal. En total ascenden a 7.725.000 euros, incrementándose un 5% con respecto ao ano 2019 e lixeiramente superiores aos de 2020.

Tomiño realiza unha enquisa de satisfacción entre os usuarios da Aula de Estudo

Xa pasaron case dous meses desde a inauguración da Aula de Estudo de Tomiño, que conta xa con máis de 160 persoas rexistradas, a cal está sendo moi empregada durante as últimas semanas especialmente polo alumnado universitario que está preparando os exames de xaneiro.

Un incendio nunha vivenda provoca a morte dun animal en Tomiño

Malia que ningunha persoa resultou afectada polo incendio, a acumulación de fume e o lume no interior da vivenda provocou a morte dun animal, ademais de afectar diversos rolos de herba seca e causar a rotura dalgúns mobles.

O Concello de Tomiño agradece a xenerosidade da veciñanza pola alta participación no cribado

Como medida para afrontar a alta incidencia que o municipio viña presentando durante as últimas semanas nunha tendencia ascendente, o Concello de Tomiño propuxo ao Servizo Galego de Saúde a realización dun cribado masivo voluntario a través de probas PCR.

Os Reis Magos agradecen o esforzo dos nenos e nenas de Tomiño a través dun vídeo

A complicada situación que atravesa o concello en relación á pandemia da Covid-19 fixo que por motivos de seguridade se tomase a decisión de suspender a tradicional cabalgata de reis. Non obstante, as súas maxestades de Oriente non quixeron esquecerse dos nenos e nenas de Tomiño.

A mocidade tomiñesa organiza un Nadal solidario

Nun Nadal atípico e complicado como o que nos tocou vivir este ano, o colectivo Voces Novas, Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño, estivo traballando arreo ultimamente en varias iniciativas para conmemorar estas festas, onde tiveron claro que o importante era non deixar a ninguén atrás.

Tomiño presenta unha programación cultural de Nadal para gozar en familia con seguridade

Nestas datas festivas de gran importancia para todos e todas é importante que as nenas e nenos poidan desfrutar do Nadal, pero tamén é importante continuar extremando as precaucións nun contexto no que a pandemia continúa presente no noso día a día.

Tomiño realizou 239 baleirados de fosas sépticas a través do seu servizo este 2020

O Concello de Tomiño ofrece desde febreiro de 2017 un servizo de baleirado de fosas sépticas para aquelas familias que aínda non puideron conectarse á rede de saneamento, que supoñen preto do 40% da poboación do municipio, un problema agravado pola dispersión da poboación nun territorio moi extenso (106 km2).

Tomiño continúa ampliando a súa rede de saneamento

O Concello de Tomiño continúa traballando por levar a rede de saneamento ao máximo número de vivendas posible, especialmente a aquelas máis achegadas á rede xa existente, onde resulta máis eficiente realizar a conexión.