Martes, 1 Xullo de 2025

Tomiño

Milu Rodríguez: “A xente preguntábame se era marchadora e eu só levaba 15 días aprendendo”

A guardesa Emilia Rodríguez (coñecida por todos como Milu), corredora da Sociedade Atlética do Trega de Tomiño, proclamouse o pasado fin de semana campioa de España de 20km marcha na categoría Máster-45, obtendo tamén o récord galego ao ser a primeira galega da súa categoría en enfrontar esta distancia.

Protección Civil de Tomiño realizou máis de 2.000 horas de servizo no 2020

A Agrupación de Protección Civil de Tomiño recibiu a pasada semana unha tenda de campaña, un novo equipamento para reforzar o labor de atención cidadá e que servirá para a labores de atención e asistencia en distintos operativos como a colocación de postos sanitarios en eventos deportivos ou a realizacións de Plans de Actuación Municipais en situacións de emerxencia.

Os centros educativos de Tomiño celebran un entroido adaptado ás circunstancias

A difícil situación actual derivada da pandemia do COVID-19 impediu que este ano se puidesen celebrar o tradicional Venres de Foliada de Tomiño e o recoñecido Entroido de Goián, mais o espírito do entroido puido manterse este ano nos centros educativos do municipio adaptándose ás circunstancias e de xeito que se puidese cumplir cos protocolos sanitarios.

A Eurocidade Cerveira-Tomiño adía para setembro o ‘IV Simpósio Internacional de Escultura de Minho’

Ante o actual contexto de incerteza provocado pola pandemia Covid-19, o Comité de Xestión Estratéxica (CGE) da Eurocidade Cerveira-Tomiño decidiu adiar para o mes de setembro a realización da cuarta edición do Simpósio Internacional de Escultura do Miño. Na reunión telemática mantida onte martes polos alcaldes veciños abordaron tamén a temática do peche de fronteiras e os impactos para as traballadoras e os traballadores transfronteirizos.

A Xunta entrega tendas de campaña de emerxencias á agrupación de Protección Civil de Tomiño para reforzar a atención cidadá

A Xunta de Galicia entregou tendas de campaña para a atención e despregamento en situacións de emerxencia ás agrupacións de Protección Civil de Lalín, Caldas de Reis, Valga, Cambados e Tomiño para reforzar a atención cidadá e a xestión destes operativos na área territorial de Pontevedra.

O Concello de Tomiño ilumínase de verde en conmemoración do Día Mundial contra o Cancro

Onte día 4 de febreiro conmemorouse o Día Mundial contra o Cancro e o Concello de Tomiño decidiu sumarse á iniciativa da Asociación Española contra o Cancro (AECC) de iluminar edificios públicos de relevancia en cor verde co obxectivo de dar visibilidade e contribuír á sensibilización do problema que o cancro representa na nosa sociedade.

O servizo de Policía Local de Tomiño volve á normalidade

O Concello de Tomiño informa que o servizo de Policía Local do municipio xa está de novo funcionando con normalidade logo de poder restituír as quendas que por escaseza de persoal non puideron ser cubertas durante un total de 15 días do mes de xaneiro.

“Veciñas na Ciencia”, unha mesa redonda para achegar as máis novas ao ámbito científico

O próximo 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, e para conmemoralo o grupo de voluntariado da OMIX de Tomiño decidiu organizar un evento que visibilizase a mozas do municipio que escolleron a ciencia para formarse e adicarse a ela de xeito profesional.

Alberto Soler pecharaá a VI Semana da Educación coa conferencia ‘Normas, límites, premios e castigos’

O xoves 11 de febreiro terá lugar a última das conferencias programadas na VI Semana da Educación. A clausura correrá a cargo do psicólogo e especialista europeo en Psicoterapia Alberto Soler. A súa conferencia levará o título 'Normas, límites, premios e castigos', e nela falará sobre a importancia destes conceptos e que peso darlles para educar aos nosos fillos. Poderá ser seguida de balde por streaming o xoves 11 de febreiro ás 19:00 horas.

Tomiño construirá en Goián un dos maiores skatepark da provincia

O Concello de Tomiño levará a cabo a construción dunha nova área deportiva na contorna da Alameda de Goián, que estará composta por un skatepark e unha pista polideportiva. O espazo complementará outros equipamentos deportivos situados na área, como o campo de fútbol do Regatiño ou o pavillón de Goián.

Como combater a desinformación nas redes sociais, a debate na VI Semana da Educación de Tomiño

O mércores 10 de febreiro terá lugar a terceira das conferencias programadas na VI Semana da Educación de Tomiño, unha xornada na que se falará da problemática e dos riscos que está supoñendo a desinformación e a difusión de Fake News a través das redes sociais.

O Grupo Municipal Socialista de Tomiño cualifica como “crítica” a situación que vive a Policía Local

As concelleiras socialistas de Tomiño, Violeta de Santiago e Mirta Misa veñen de cualificar como "crítica" a situación que vive a Policía Local que, con tan só dous efectivos "intenta manter o servizo" o que, sinalan, "é prácticamente imposible e está a causar problemas na veciñanza".