A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vai renovar as envolventes dos colexios públicos Pedro Caselles e Pintor Antonio Fernández e a iluminación do CEIP Sobrada, no Concello de Tomiño, cun investimento de 513.000 euros.
Entre o 20 e o 24 de outubro celebrarase en Cerveira e Tomiño un encontro internacional no marco do Proxecto BRIDGE, no que participa Tomiño canda outros 10 socios europeos, co obxecto de crear redes de cooperación en materia transfronteiriza e intercambiar boas prácticas.
Tomiño celebra mañá martes, 19 de outubro, ás 20.00 horas, sesión ordinaria de pleno. A orde do día inclúe unha proposta de aprobación de dous postos na Relación de Postos de Traballo (RPT); outra de aprobación dos festivos locais e catro mocións.
O fútbol volve a Tomiño esta fin de semana. E como di a canción, volve a casa, pero a unha casa renovada e mellorada. O Concello investiu durante os últimos meses 500.000 euros para mellorar os campos do municipio.
Eurocidade Cerveira-Tomiño, afondamento na cooperación transfronteiriza, estreitamento de lazos entre as poboacións veciñas, utilización compartida de servizos e recursos públicos, etc., foron algúns dos...
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, desprazouse esta mañá ata o concello pontevedrés de Tomiño para estudar a posibilidade de implantar un polígono agroforestal na zona de concentración parcelaria dos Panascos, ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.
Despois de ano e medio pechada ou con actividade restrinxida por mor da COVID-19, a piscina municipal de Vila Nova de Cerveira retomou xa a súa actividade habitual con normalidade.
En Galicia case 60.000 persoas contan cun certificado de discapacidade por enfermidade mental, arredor de 24.500 na provincia de Pontevedra, o que a sitúa como a segunda causa de discapacidade despois da física.
O programa Medrando en Familia volve este mes de outubro para continuar acompañando e apoiando a nais e pais na crianza, creando un espazo de confianza e unha rede de apoio coa que axudar e guiar ás familias e influír no benestar dos nenos e nenas.
As obras de mellora no auditorio de Goián chegan ao seu ecuador. O Concello está a levar a cabo traballos de reforma tanto na cuberta do edificio como nas propias instalacións interiores co obxectivo de adecualas ás actuais necesidades de uso.
O Partido Popular de Tomiño solicita anular e deixar sen efecto a modificación puntual número 9 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, porque "nin se axusta á Lei nin defende o intereses xeral dos veciños do concello". O grupo municipal presentou alegacións ao documento, co fin de “antepoñer os intereses dos veciños e do propio concello a unhas actuacións que distan moito da realidade urbanística de Tomiño”.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.