11.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoA Xunta estuda implementar en Tomiño un polígono agroforestal ao abeiro da...

    A Xunta estuda implementar en Tomiño un polígono agroforestal ao abeiro da Lei de recuperación da terra

    Dito polígono dedicaríase á produción de planta ornamental, hortofruticultura e viveirismo, tendo en conta que estes son os dous sectores produtivos máis destacados deste municipio pontevedrés

    A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, desprazouse esta mañá ata o concello pontevedrés de Tomiño para estudar a posibilidade de implantar un polígono agroforestal na zona de concentración parcelaria dos Panascos, ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.

    Así, a directora xeral e técnicos da Axencia Galega de Desenvolvemento, xunto coa alcaldesa, Sandra González, analizaron a zona onde se situaría dito polígono, que se dedicaría á produción de planta ornamental, hortofruticultura e viveirismo. Neste senso, Inés Santé destacou que os polígonos agroforestais constitúen un dos principais instrumentos contemplados na nova norma e subliñou que esta ferramenta voluntaria ten por obxecto a volta á produción de grandes áreas de terra con boa capacidade produtiva que alcanzaron, co paso do tempo, estados de abandono ou infrautilización.

    Ademais, a representante de Medio Rural trasladou tamén que os polígonos -xunto coas aldeas modelo ou as agrupacións de xestión conxunta- son unha figura concibida para contribuír á xeración de riqueza e á fixación de poboación, ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais, ao exercer esta actividade de devasa natural fronte ao lume.

    Neste senso, cabe lembrar que a parcelaria dos Panascos -finalizada no ano 2009- ten unha superficie total de 534 hectáreas, propiedade de 1.150 veciños. Debido ao elevado grado de abandono ou infrautilización que ten esta zona, o conselleiro do Medio Rural, José González, comprometeuse na última xuntanza mantida coa rexedora municipal a estudar a área e poñer en marcha unha figura de mobilización de terras que poida crear unha nova actividade económica nesta zona do rural pontevedrés.

    Seguidamente, e tendo en conta que este posible polígono agroforestal se dedicaría á produción de planta ornamental, hortofruticultura e viveirismo, a directora xeral visitou as instalacións das empresas Viveiros Rio Tollo e a comercializadora de planta Coplant, ambas entidades localizadas na parroquia de Goián.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.