O Concello de Tomiño vén de realizar un proceso de contratación de persoal municipal ao abeiro da subvención concedida pola Deputación de Pontevedra no marco do Plan Concellos 2022, liña 3, destinada ao “emprego para a conservación de bens e servizos municipais”.
Tender pontes entre a academia e a sociedade e achegar o coñecemento científico que se xera nos laboratorios universitarios ao tecido empresarial, tratando de dar respostas ás necesidades e demandas das empresas.
“Lixo”, un orixinal espectáculo teatral e de danza para público infantil e familiar, chega o domingo 3 de abril a Tomiño, dentro do ciclo Primavera Activa.
Fin de semana de éxito para o Club Deportivo Miño-Teixugos, que participou con oito deportistas na 3ª Copa Galega de Slálom e no Campionato Galego de Novas Promesas, nos que remataron cun total de sete medallas.
“Hoxe iniciades un camiño de oportunidades, un camiño apaixonante que abrirá novas portas a todas e todos”. Así daba a benvida a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, ás persoas participantes no Programa Integrado de Emprego de Tomiño e do Rosal, Agroemprega, un proxecto posto en marcha en colaboración coa Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.
A plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño convocou este mércores unha concentración na que se representou un velatorio ante a agonía que está a sufrir a Atención Primaria no Concello de Tomiño.
O Concello de Tomiño publica a segunda convocatoria para a selección dunha persoa funcionaria interina para a praza de técnico de xestión. A persoa que ocupe o posto prestará apoio técnico no desenvolvemento nas áreas de Secretaría e Administración Xeral.
Tomiño quere que as súas rúas e o seu comercio local recobre vida. O Concello vén de poñer en marcha ‘Vive!’, unha campaña cun completo programa de accións de diferente índole que se realizarán durante os meses de marzo, abril e maio que busca reactivar a actividade económica e social do municipio.
Aberto o prazo de presentación de solicitudes para acceder ás 2 escolas infantís para nenos de 0 a 3 anos de Tomiño (O Seixo e Goián), o único concello da comarca que conta con 2 centros de educación infantil públicos.
A Consellería de Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), está a desenvolver actividades formativas en centros de Formación Profesional das catro provincias para concienciar sobre o uso seguro do tractor.
Hoxe luns 21 de marzo, con motivo do Día dos Bosques, e ata o 28 de xuño, Día da Árbore, o Concello de Tomiño lanzará a campaña “Enche o teu monte de vida autóctona”;
Comprar no Mercado Municipal de Tomiño é cada día máis fácil. O vindeiro martes 22 de marzo, a praza de abastos estreará un novo servizo de recollida de pedidos polas tardes que permitirá á veciñanza facer as súas compras pola mañá de forma telefónica e acudir ao mercado para retirala fóra do horario de apertura dos establecementos.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.