Luns, 7 Xullo de 2025

Tomiño

Tomiño conmemora o Día Internacional da Danza con “Antes de que llegue la bestia”, o último traballo da Compañía Ensalle

“Antes de que llegue la bestia”, o último traballo da COMPAÑÍA ENSALLE, é a obra seleccionada pola Concellalía de Cultura para conmemorar o Día Internacional da Danza (29 de abril) en Tomiño.

Este sábado lecer e ciencia mestúranse no Mercado de Tomiño

Este 30 de abril arranca ‘Mercado con-ciencia’ cunha actividade na que o público compartirá sesión vermú co biólogo da Universidade de Vigo Luis Navarro para falar da crise de polinización.

O Desafío Terras de Turonio volta con forzas tras un parón de dous anos

Tras dous anos de receso por mor da Covid-19, o Desafio Terras de Turonio volta con forzas como a gran cita do ciclismo de montaña.

Tomiño adica o Plan Concellos 2022 a melloras en distintas parroquias

O Concello de Tomiño levará adiante dentro do Plan Concellos 2022, cinco obras de singular interese para a cidadanía, centradas nas parroquias e na mellora de equipamentos deportivos, cun investimento de 968.558,40 euros.

Tomiño conmemora o Día do Libro cun concurso de reseñas bibliográficas e un club de lectura

O Concello de Tomiño conmemora o Día do Libro coa convocatoria dun concurso de reseñas bibliográficas. Organizado pola Concellería de Cultura, a través da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), as persoas que se anoten terán a posibilidade de escoller entre dous libros.

Tomiño prepárase para cumprir coa nova Lei de Residuos

Tomiño leva traballando dende o 2018 no tratamento separado dos biorresiduos, a través da compostaxe in situ, tanto individual coma colectiva, no marco do Plan REVITALIZA, para adaptarse á recente norma estatal de residuos "Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular".

Domingos de sesión vermú no Mercado para dar pulo a músicos emerxentes

Xa está todo listo para unha nova cita cos domingos de sesión vemú no Mercado de Tomiño, que esta fin de semana cede o escenario a un músico novo na súa aposta por artistas emerxentes e locais.

Tomiño vén de publicar as bases do “Circuíto Cultural 2022”

O Concello de Tomiño vén de publicar as bases do "Circuíto Cultural" 2021 co obxectivo de promocionar un ano máis as agrupacións musicais tradicionais do municipio.

Este sábado 16, nova cita co sabor no Mercado de Tomiño

A actividade continúa esta Semana Santa en Tomiño con novas accións programadas ao abeiro de ‘Vive!’, unha campaña posta en marcha polo Concello para a reactivación económica e a dinamización do comercio local e que está a ter unha grande acollida por parte do público durante as súas primeiras semanas de vida.

Tomiño busca un deseño atractivo para a camiseta das Lestras Galegas 2022

Un ano máis a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño quere conmemorar o 17 de maio con enxeño e creatividade arredor da lingua e literatura galega.

A OMIX de Tomiño suma adestramento canino e cestería á súa oferta de formación

Últimos días para anotarse no obradoiro de vídeo mapping organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), esta fin de semana no Concello de Tomiño. Na páxina web www.tomino.gal, segue aberto o prazo de inscrición para aprender a proxectar imaxes en movemento e con música.

O pop rock de Acevedos Delgados ameniza unha nova sesión vermú no Mercado

Tomiño quenta motores para unha nova xornada esta fin de semana dos seus domingos de sesión vermú, unha das accións programadas dentro de ‘Vive!’, unha campaña posta en marcha polo Concello coa que se busca reactivar a actividade económica e social do municipio.