15.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoTomiño conmemora o Día do Libro cun concurso de reseñas bibliográficas e...

    Tomiño conmemora o Día do Libro cun concurso de reseñas bibliográficas e un club de lectura

    A OMIX oferta tamén de maneira gratuíta un club de lectura infantil que terá lugar o primeiro venres de cada mes

    O Concello de Tomiño conmemora o Día do Libro coa convocatoria dun concurso de reseñas bibliográficas. Organizado pola Concellería de Cultura, a través da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), as persoas que se anoten terán a posibilidade de escoller entre dous libros: “Los besos en el pan”, de Almudena Grandes, e “Sen Piedade”, de Pedro Feijoo.

    Para participar no concurso é necesario ler unha das obras e logo escribir unha reseña de entre 500 e 700 palabras. Por último, facerse unha foto co texto elixido e logo, loxicamente, enviar a reseña e a foto á OMIX por medio de correo electrónico antes do 10 de maio (omix@tomino.gal)

    A persoa gañadora recibirá un vale por 50 euros para gastar na libraría “Novidades” de Tomiño, ademais de ver publicada a súa reseña nas redes sociais municipais.

    Ademais, a Concellería de Cultura de Tomiño ofrece un 10% de desconto en todos os textos literarios, en colaboración coa libraría Novidades, que engade outro 10% de rebaixa adicional, para quen compre un libro o día 23 de abril.

    Club de Lectura XUVENIL

    A OMIX ofrece, a través do programa de voluntariado local, un CLUB DE LECTURA DE BALDE que terá lugar o primeiro venres de cada mes en horario de 16.30h a 17.30h A actividade, especialmente dirixida a público infantil, consistirá na lectura de diferentes temáticas e no fomento do uso da lingua galega, da lectura e do pensamento crítico.Levarase a cabo no local da OMIX de Tomiño dende o mes de maio (ou xuño) até final de ano. Será todos os primeiros venres de mes en horario de 16.30h a 17.30h. e as prazas serán limitadas. 

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.