Martes, 18 Marzo de 2025

Tomiño

A diversidade e exuberancia vexetal dun xardín en Caldas de Reis, gañadora dos IV Premios Xardín Galego

Grandísimo nivel de participación na cuarta edición dos Premios Xardín Galego que cada ano conceden a Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (AGAEXAR) para recoñecer e difundir actuacións exemplares en traballos de xardinería pública e privada, poñendo en valor o sector, promovendo a innovación e promocionando o sector da xardinería.

Case 200 obras de Castelao para desfrutar da obra e pensamento dun dos creadores galegos máis singulares

A evolución da obra artística de Castelao chega a Tomiño. O Mercado Municipal de Tomiño acolle dende o vindeiro 16 de febreiro ata o 17 de marzo a exposición ‘Castelao grafista (facsímile)’, unha mostra realizada en colaboración con Afundaciónque reúne unha ampla selección das múltiples facetas do rianxeiro.

Ana Pontón comprométese en Tomiño a impulsar os proxectos estratéxicos para a comarca como a autovía ou o parque industrial

A candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, proseguiu a súa campaña electoral nun mitin en Tomiño, onde aproveitou a súa intervención para destacar algunhas das medidas para este concello e o conxunto da comarca que ten previsto desenvolver o Goberno que aspira a presidir. Pontón avanzou que, se os galegos e as galegas lle dan a súa confianza o próximo 18 de febreiro, Tomiño e o resto dos concellos da comarca van ter un aliado no seu executivo porque “precisan un goberno que reme a favor e non en contra, comprometido co benestar social e que aposte por mellorar os servizos públicos”.

Tomiño adía o seu Venres de Foliada ao 23 de febreiro por cuestións meteorolóxicas

Tomiño adiará o seu tradicional Venres de Foliada dúas semanas. O Concello trasladará o desfile ao vindeiro venres 23 de febreiro, unha nova data establecida contando co parecer das comparsas e adaptando o agardado encontro a unha data na que non interrompera outras actividades xa axendadas por parte das entidades participantes.

O Concello de Tomiño contratará a 20 persoas desempregadas

O Concello de Tomiño incorporará este ano ao seu persoal a 20 traballadoras e traballadores contratados a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra para a activación do emprego. Como sinala a alcaldesa, Sandra González, estas novas incorporacións “supoñen unha oportunidade laboral para os tomiñeses e tomiñesas que están nestes intres na busca de emprego ao tempo que permitirán reforzar e mellorar diferentes departamentos municipais que precisan máis persoal de forma puntual ou nos que se realizan traballos estacionais”.

Unha ducia de premios para poñer en valor o esforzo do deporte de Tomiño

Tomiño vestiuse de gala para premiar e poñer en valor o talento deportivo do municipio. O auditorio de Goián converteuse esta fin de semana no escenario da Gala do Deporte de Tomiño, que celebrou a súa sétima edición con moitas gañas de recoñecer a todas aquelas e aqueles deportistas, clubs, asociacións, entidades e empresas que se esforzan día a día para levar ao deporte tomiñés ao máis alto. Un evento participativo no que por primeira vez se contou coa colaboración de clubs e veciñanza para propoñer candidaturas ás diferentes categorías premiadas.

Javier Jurado desvela o poder da música na «IX Semana da Educación» de Tomiño

Os actuais avances sobre neurociencia avalan que a música é unha das materias capaces de activar todo o cerebro, xunto á educación plástica e visual e a educación física. Máis alá da súa importancia como porta de entrada á arte e á súa apreciación, a música é “unha ferramenta que fomenta a aprendizaxe e o rendemento, desenvolve o pensamento transversal e constrúe persoas máis afectivas, ledas e prudentes”.

Luis López redobra o compromiso do PP con Tomiño tras investir 20,6 millóns de euros a Xunta na última lexislatura

O presidente do PP Provincial e da Deputación de Pontevedra, Luis López, puxo en valor “a aposta e os feitos” da Xunta de Galicia polo Concello de Tomiño e redobrou o compromiso do Partido Popular con este municipio do Baixo Miño tras investir 20.661.362 euros desde o Goberno galego na derradeira lexislatura.

Tomiño, capital galega da educación durante toda unha semana coa celebración da «IX Semana da Educación»

Tomiño volverá converterse na capital galega da educación durante unha semana o vindeiro mes de febreiro. Será coa celebración da novena edición da Semana da Educación, que cada ano converte a Tomiño nun referente no eido educativo coa participación de catro recoñecidos expertos e expertas que abordarán co público cuestións relevantes como a educación afectivo-sexual, a importancia do pensamento crítico na infancia, a humanización da educación ou a relevancia da música no ensino.

Sandra González e Agustín Reguera visitan o Centro de Día de Tomiño

No día de onte, o Delegado da Xunta Agustín Reguera xunto co xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, realizaron unha visita ao centro de día de Tomiño, onde estiveron acompañados pola alcaldesa, Sandra González, así como polos concelleiros Cristina Martínez e Rubén García. Durante a visita, a alcaldesa expresou a preocupación do Concello en relación ao pago desproporcionado que Tomiño realiza polos servizos de competencia non municipal xestionados a través do Consorcio Galego.

A campaña “Nadal + Nadal” do Concello de Tomiño impulsa o comercio local

A Campaña “Nadal + Nadal”, organizada polo Concello de Tomiño co obxectivo de fortalecer e impulsar o comercio local, concluíu con éxito unha nova edición neste 2023.

Os veciños de Forcadela xa desfrutan da súa nova senda peonil

O Concello de Tomiño ven de estrear a semana pasada unha nova senda peonil ao seu paso pola parroquia de Forcadela. Un proxecto que foi demandado pola veciñanza no Concello Escoita e que resultou da colaboración conxunta entre a institución municipal e a Xunta de Galicia.