Luns, 7 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Este sábado arranca na Guarda o Outono Teatral

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza este ano o Outono Teatral 2022, no que se representarán na Guarda un total de 6 obras teatrais, 3 para público adulto e 3 para público familiar.

O vindeiro domingo 23 disputarase a 15K del Atlántico Banco Mediolanum

A xa tradicional 15K del Atlántico Banco Mediolanum chega a súa novena edición, consolidándose como unha das probas de referencia no calendario do atletismo galego.

O Camiño Portugués da Costa como fío condutor do obradoiro de emprego na Guarda

A ruta xacobea é un dos mellores recursos da Guarda e está sendo, sen dúbida, un factor clave á hora de desestacionalizar o turismo. A afluencia de peregrinos prodúcese durante todo o ano, incluso durante aqueles períodos nos que tradicionalmente son considerados temporada baixa para o turismo.

A OMIX de Tomiño prepara un outono cheo de novidades

Aproveitar o outono nunca foi tan doado nin divertido. A OMIX de Tomiño ten preparada para esta nova tempada un amplo programa de cursos novidosos e innovadores que buscan achegar a mozos e mozas a actividades actuais que espertan grande interese entre eles e elas.

O PSOE tomiñés esixe á Xunta a vacinación contra a COVID para as persoas maiores nos centros de saúde

As concelleiras do Grupo Municipal Socialista no Concello de Tomiño, Violeta de Santiago e Mirta Misa, presentaron unha moción no Concello para esixir á Xunta de Galicia que o proceso de vacinación contra a Covid-19 das persoas maiores "se faga Centro de Saúde da localidade a través dos equipos de Atención Primaria, tanto por cercanía coma polo contacto permanente para seguimento de patoloxías crónicas".

Comezan as segundas xornadas de patrimonio do Rosal

O Rosal bota unha ollada ao seu pasado co celebración das II Xornadas de Patrimonio, unha serie de actividades para todos os públicos que se levarán a cabo durante os meses de outubro e novembro para dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio rosaleiro e do Baixo Miño en todas as súas manifestacións, dende o material ao inmaterial, representado en gran parte polos cabaqueiros do Rosal.

A Guarda imparte un obradoiro de creación de filtros de realidade aumentada

A actividade está orientada a un público xeral a partir dos 12 anos. Esta iniciativa forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

O Grupo Socialista urxe á Xunta a construir unha estación depuradora en Oia

A parlamentaria socialista Leticia Gallego visitou o Concello de Oia, onde mantivo un encontro co portavoz socialista, Gerardo Rodríguez, e membros do grupo municipal socialista, para reclamarlle á Xunta que constrúa de urxencia unha depuradora para frear os constantes vertidos rexistrados no Concello.

A Guarda, anfitrioa do curso de formación ACMIT

20 participantes de 8 países distintos se reúnen no concello da Guarda no curso de formación ACMIT organizado pola asociación guardesa FOCO.

O Rosal disfruta da Feira do Viño

Este pasado venres daba comezo a 30ª edición da Feira do Viño do Rosal. Unha edición excepcional por moitos motivos: porque celebra o seu 30 aniversario, porque o fai estreando por primeira vez unha renovada Praza do Calvario.

Tui abre a inscrición ao Club de Lectura da Biblioteca

A Biblioteca Pública Municipal de Tui ten aberto, ata o vindeiro sábado, 15 de outubro, o prazo para a inscrición das persoas interesadas no Club de Lectura de adultos.

O luns 10 de outubro estará en Oia a unidade móbil de doazón de sangue

A unidade móbil de doazón de sangue visitará Oia o próximo luns 10 de outubro. Permanecerá aparcada diante do Concello de 16:00 a 21:00 horas, a disposición de todas as persoas que queiran achegarse a doar.