O Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, Mitma, adxudicou as obras de adecuación e mellora da seguridade vial na Avenida de Portugal nun tramo de 400 metros na N-551 entre o cruzamento coa N-550 (intersección do Parador) até a vella Ponte Internacional.
O Concello de Tomiño segue a por en marcha novos cursos, obradoiros e iniciativas para que a mocidade siga aprendendo e divertíndose durante os meses de outono.
O Concello de Tui volve a acoller unha proba especial: o Cross Escolar Baixo Miño. Trátase dun evento de campo a través que se celebrará na Ribeira de Caldelas o xoves 3 e o venres 4 de novembro, logo de ter que ser adiada polas previsións meteorolóxicas.
Fin de semana musical no Rosal. A Coral da Agrupación Musical do Rosal celebrará este domingo o seu 18 aniversario cun Concerto de Outono no auditorio municipal ao que convidan a asistir a toda a veciñanza.
Conscientes das deficiencias que tiña o pavillón da Sangriña, unha construción anticuada e ineficiente que non estaba adaptada ás necesidades das competicións que albergaba, o equipo de goberno municipal fixo unha aposta firme pola modernización e ampliación deste equipamento deportivo municipal.
Tomiño segue avanzando cara a un municipio máis sostible, limpo e comprometido co medio ambiente. Neste camiño, o Concello pon en marcha esta mesma semana o servizo de recollida de residuos voluminosos porta a porta.
Este sábado comeza a tempada teatral de corte infantil e familiar da man do gran clásico O Quixote, pensada para o público infantil e familiar. Esta peza, representada pola compañía Pedras de Cartón, foi escollida para representar nesta data e celebrar así o Día das Bibliotecas que cada ano se conmemora o 24 de outubro.
O Concello do Rosal mantén o seu compromiso coas traídas de augas veciñais do municipio lanzando unha nova liña de subvencións dotada cun orzamento total de 20.000 euros coas que colaborar con todas estas entidades na mellora das súas instalacións.
Fin de semana de estrea para arqueiros e arqueiras en Tomiño. O club Arco Trasno organizou en colaboración co Concello un campionato indoor de iniciación no pavillón da Carballa, unha competición moi especial pensada para todos aqueles rapaces e maiores que se acaban de iniciar no tiro con arco e que aínda non participaron nunha competición oficial.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.