Mércores, 9 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Rematadas as obras da 1ª fase da estrada Tabagón-Goián ao seu paso polo Rosal

A Deputación de Pontevedra remata a primeira fase das obras que transforman por completo, desde un punto de vista sostible, a mobilidade entre Tabagón e Goián no transcurso da EP-3303 polo concello do Rosal.

Chega á Guarda -MAVI- A Maleta viaxeira contra a violencia de xénero

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presentou este luns na Guarda xunto co alcalde, Antonio Lomba, a concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez, a directora do CIM Yolanda Vilaverde e a bibliotecaria, Marisol Diz, o proxecto de sensibilización “Mavi: a maleta viaxeira contra a violencia de xénero”.

Os “Concertos na Esencia do Camiño” chegarán a Tui, Baiona e Oia

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presentou este mércores o ciclo “Concertos na Esencia do Camiño” que levará a música da Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra a cinco recintos esperituais simbólicos no percorrido da xuta xacobea.

Clausurado con éxito o proxecto Río Miño, Destino Navegable

A ruta fluvial do río Miño da que entre febreiro e outubro gozaron 5.400 persoas foi unha das iniciativas executadas ao abeiro do proxecto Río Miño, Destino Navegable, que foi clausurado.

A Guarda presenta a programación do Nadal

O Concello da Guarda presenta un ano máis a programación do Nadal, que arrancará xa na xornada deste venres día 2 de decembro co Acendido do alumeado de Nadal, un acto que terá inicio ás 18:00 h cun pasarrúas dende a Praza Avelino Vicente e que rematará na Praza do Reló co Acendido do Alumeado e Espectáculo de Pompas ás 18:30 h.

O Espazo Isaura Gómez converterase nun punto de encontro da cidadanía de Tomiño grazas ao ReacPon

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañadas do deputado provincial Gorka Gómez e o concelleiro e deputado provincial Uxío Benítez, visitaron hoxe o avance das obras do futuro Espazo Isaura Gómez, un equipamento sociocultural “icónico” que se converterá nun punto de encontro e nun referente para a cultura da comarca do Baixo Miño e do norte de Portugal.

O Rosal inaugura este sábado 3 o Nadal

O Rosal dá este sábado 3 de decembro a benvida ao Nadal, que chega ao concello cargado dunha morea de propostas para todos os públicos e para todos os gustos.

Abertas as inscricións para a San Silvestre da Guarda

O Concello da Guarda organiza, en colaboración con NOKO 360, para a xornada do sábado día 31 de decembro a carreira San Silvestre.

O 30 de novembro haberá concentracion en toda Galicia reclamando unha mellora na sanidade pública

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda, xunto co resto de plataformas de Galicia e SOS-SANIDADE PÚBLICA, convocan concentracións simultáneas en toda a comunidade autónoma o vindeiro 30 de novembro ás 8 da tarde.

Tomiño gaba o gran traballo do piloto de karts Guillermo Carrera

A alcaldesa, Sandra González, e o concelleiro de Deportes, Fran Campo, recibiron estes días no Concello a Guillermo Carrea, un tomiñés de adopción que está a acadar importantes logros nun deporte tan visual e competitivo como o karting.

Ampla oferta de cursos online á disposición da veciñanza na Aula Mentor de Oia

A Aula Mentor de Oia pon a disposición da veciñanza unha importante oferta formativa online dirixida a diversos ámbitos profesionais.

Éxito do “I Raid Serra de Groba-Bodegas Marqués de Vizhoja”

Esta fin de semana, do 25,26 e 27 de novembro de 2022, tivo lugar o “I Raid Serra de Groba-Bodegas Marqués de Vizhoja”, que se celebrou polos concellos da Guarda, o Rosal, Santa María de Oia e Baiona.