Sábado, 12 Xullo de 2025

O Baixo Miño

A Policía Local de Tui contará con cinco novos axentes en marzo

A Policía Local de Tui contará con cinco novos axentes a partir do mes de marzo, co que o número de efectivos pasará a ser de once axentes e un inspector xefe.

O Servizo de Atención Temperá do Baixo Miño atende xa a 88 familias da comarca

O Servizo de Atención Temperá (SAT) da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño segue crecendo de forma paulatina dende a súa posta en marcha a finais de 2020.

Tomiño volve encher o seu monte de vida autóctona

O Concello de Tomiño pon en marcha por segundo ano consecutivo a campaña ‘Enche o teu monte de vida autóctona’, unha iniciativa a través da que se entregará planta forestal frondosa e autóctona á veciñanza.

Máis de 200 deportistas participarán este sábado na 42 edición da Regata Miño Internacional

Máis de 215 deportistas participarán este sábado, 14 de xaneiro, na edición número 42 da Regata Miño Internacional no río Miño ao seu paso por Tui.

O Rosal pon en marcha unha nova edición do Espazo Crianza

O Concello do Rosal abre unha nova edición do seu Espazo Crianza, ‘Criar en tribo’, un lugar de encontro e acompañamento que ofrecerá a mulleres embarazadas e familias con bebés de 0 a 6 meses unha canle de comunicación, de información e de aprendizaxe sobre o desenvolvemento infantil.

O Concello de Oia alegará contra o parque eólico Toroña

O Concello de Oia presentará alegacións contra o parque eólico Toroña, para o que xa contratou a unha empresa especializada, a cal xa a está a traballar na análise da documentación sometida a información pública.

Identifican unha nova fortaleza do século XVII no Tomiño

Unha nova fortaleza do sećulo XVII identificada no concello de Tomiño reflicte a importancia que a Guerra da Restauração tivo na fronteira galego-portuguesa, especialmente, no Baixo Miño.

Oia contratará 8 persoas ao abeiro do Plan Concellos

O Concello de Oia contratará un total de 8 persoas ao abeiro do Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra (liña 3, de activación do emprego).

A Oficina de Turismo de Tui atendeu 40 mil visitantes en 2022

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu, durante 2022, presencialmente a 39.998 visitantes, dos que 26.913 eran turistas e 10.3685 peregrinos. Destacou o mes de agosto como o de maior afluencia de todo o ano con 8.885 visitantes atendidos.

Abertas as inscricións para o Trail Adventure Muíños do Folón

O Trail Adventure Muíños do Folón prepárase para unha nova edición. Xa están abertas as inscricións para participar nesta proba que conta coa colaboración do Concello do Rosal e que o vindeiro 5 de marzo volverá percorrer os espazos naturais rosaleiros.

O alcalde de Tui abordou co director xeral de Cultura a programación do ano Francisco Sánchez

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu onte na Casa do Concello tudense ao director Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade, Anxo Lorenzo Suárez.

Preséntase en Tui o libro “Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida”

Este venres, 13 de xaneiro, ás 19.30 h na Biblioteca Municipal de Tui, terá lugar a presentación do libro “Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida”.