Domingo, 13 Xullo de 2025

O Baixo Miño

O Rosal inicia as obras de transformación da contorna do Calvario

O Concello do Rosal segue traballando para converter o núcleo urbano do municipio nun espazo de calidade, inclusivo e accesible no que as persoas sexan o centro.

AECC realizou máis de 120 intervencións en Tomiño o ano pasado

Con case 20.000 novos diagnósticos de cancro no último ano en Galicia, educar en prevención, acompañar ás persoas enfermas e á súa contorna e apostar pola investigación é fundamental para diminuír o impacto desta enfermidade.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda do 2 ao 4 de febreiro

O autobús de ADOS estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao carón do Centro Cultural) o xoves 2 de febreiro, en horario de 10:15 a 14:30 horas, o venres 3 de 16:15 h a 21:00 h e o sábado 4 de 10:15 h a 14:30 horas.

Seis espectáculos conforman a programación do teatro de Tui ata marzo

Seis propostas conforman a programación que nos meses de febreiro e marzo se van celebrar no Teatro Municipal de Tui.

O Rosal estrea no Camiño da Sueira un novo modelo para os espazos de interese paisaxístico

O Concello do Rosal vén de sacar a licitación a reconfiguración do Camiño da Sueira, entre a estrada de Couselo e o Camiño da Menora, unha intervención que servirá de modelo urbanístico a implantar en espazos de matriz rural, con presenza de elementos con interese paisaxístico e patrimonial e un certo nivel de concentración residencial que demande un tratamento diferente do espazo público.

128 postos solicitaron a súa renovación no Mercado semanal dos Xoves en Tui

Un total de 128 vendedores ambulantes solicitaron a renovación da autorización dos seus postos no Mercado semanal dos xoves en Tui.

A Guarda e AFAGA inician o programa ‘Cultiva a Mente’

O Concello da Guarda e AFAGA iniciarán un programa de prevención da deterioración cognitiva ‘Cultiva a Mente’. 1 de cada 10 persoas maiores de 65 anos ten Alzheimer e calcúlase que en 2050 o número de casos triplicarase.

Reconstruida a porta Norte do poboado de Santa Trega na Guarda

A empresa Terra Arqueos rematou os traballos arqueolóxicos realizados dende decembro na entrada norte da vila de Sta. Trega, que se traduciron na reconstrución da devandita zona.

O Rosal, concello pioneiro da Rede Ágora

O Concello do Rosal segue adaptando as súas rúas e prazas aos novos modelos de mobilidade, no que as persoas son a prioridade.

A Guarda inaugura este sábado o pavillón da Sangriña

O Concello da Guarda realiza, este vindeiro sábado día 28 de xaneiro ás 19:00 h, a inauguración oficial das obras de reforma e ampliación realizadas no pavillón deportivo municipal da Sangriña, nun acto especial que estará dirixido pola comunicadora guardesa Beti Rey.

O PP de Tomiño pide explicacións ante o “atasco” das licenzas urbanísticas

O Partido Popular de Tomiño pedirá ao goberno local que dea explicacións ante o “grave atasco e importantes retrasos” na concesión de licenzas urbanísticas no termo municipal- Tamén vai pedir datos dos expedientes segundo os estudos de arquitectura, co obxectivo de coñecer se tratase dun colapso xeral provocado pola “mala xestión” do executivo local ou ben hai diferenzas “por cuestións anómalas”.

A Red de Juderías, da que Tui forma parte, expón en FITUR os seus proxectos

Tui, xunto aos outros municipios que integran a Red de Juderías de España, participou a semana pasada no Acto Institucional desta asociación de municipios en FITUR.