12.1 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Marzo de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTui128 postos solicitaron a súa renovación no Mercado semanal dos Xoves en...

    128 postos solicitaron a súa renovación no Mercado semanal dos Xoves en Tui

    Un total de 128 vendedores ambulantes solicitaron a renovación da autorización dos seus postos no Mercado semanal dos xoves en Tui. O pasado día 10 de xaneiro rematou o prazo para realizar esta solicitude que arestora está en tramitación. Das 128 solicitudes rexistradas 27 corresponden a postos de alimentación.

    O Mercado semanal en Tui celébrase os xoves pola mañá na rúa Mártires de Sobredo, situada entre a rúa Casal Aboy e a Avenida da Concordia.  Os postos que montan cada xoves ofertan ampla variedade de roupa, calzado, complementos, enxoval, alimentación, florería,…

    Por outra parte dende o Concello de Tui saliéntase que o mercado municipal inicia o ano con débeda cero no correspondente ao pago das taxas por instalación de postos. Dende a  concellería de Comercio e Mercados amosan a súa satisfacción pola xestión realizada, que permitiu estes resultados, ao tempo que trasladan o seu agradecemento ao persoal municipal polo traballo levado a cabo tanto parte do departamento de Tesourería, Secretaría coma da Policía Local. Ese traballo permitiu regularizar a situación de todos os postos do mercado tudense que na última década acumulou débedas importante por impago que chegou a sumar máis de 15 mil euros, e que dende 2019 se reduciu até chegar á actual situación. Así en 2019 a débeda superaba a 4.500 euros, cifra que en 2020 baixou a mil euros, en 2021 non se pasou a taxa ao cobro debido á pandemira, e o 2022 rematou con 542 euros pendentes de cobro, correspondentes a tres persoas vendedoras cuxa autorización de montaxe vén de ser revogada.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS