Martes, 16 Setembro de 2025

O Baixo Miño

Marzo, mes da muller en Eu Rural

Eu Rural declara marzo como mes da muller. Co gallo do 8M, Día Internacional da Muller, ao longo das vindeiras semanas a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural dará protagonismo a todas as mulleres do territorio comprometidas e decididas que traballan día a día para crear un futuro mellor para o rural. Farao difundindo nas redes sociais as 14 pezas audiovisuais realizadas ao abeiro da terceira edición do Foro da Muller Rural, que deu voz a 16 mulleres emprendedoras para dar a coñecer uns proxectos que demostran de novo que o rural ofrece moito máis que sector primario.

A XI Eurocidade BTT celebrarase o 17 de marzo agardando reunir a 1200 participantes

A XI Eurocidade BTT, que se celebrará o domingo 17 deste mes, aspira a reunir a 1.200 participantes nunha proba única de carácter transfronteirizo. Este evento, que forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença, foi presentado este mediodía polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, os concelleiros de Deportes de Tui e Valença, Rafael Estévez e Arlindo Sousa, o seleccionador da Federación Galega de Ciclismo, Óscar Sánchez, o presidente da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas organizadores da BTT, Eduardo Fernández, así como o ciclista local Manuel Bugallo.

A primavera trae ao Rosal unha intensa programación cultural

Probas deportivas, concertos, actividades reivindicativas, formación e literatura coparán a axenda de lecer rosaleira durante os meses de marzo e abril.

A Guarda ultima ‘Semana Santa Concilia’, a proposta para axudar a conciliar a vida familiar e laboral no período non lectivo

Semana Santa Concilia é a proposta do Concello da Guarda para esta Semana Santa 2024. Estes obradoiros de ocio e tempo de lecer para crianzas son de carácter gratuíto e teñen como obxectivo principal facilitar a conciliación da vida persoal e laboral no período non lectivo.

Miguel Araujo e Mª Dolores Gallego vencen no Trail Muíños de Folón

Tan só tres semanas tiveron que esperar os participantes da Pontevedra Trail League 2024 para volver competir. Foi na mañá do domingo no TRAIL MUIÑOS DO FOLÓN, que daba a súa saída ás 10.00 h. cunha meteoroloxía bastante mellor do que apuntaban as previsións.

A soidade, a debate nos ‘Cafés en Igualdade’ do Rosal con Beatriz Arroyo

O ser humano é, por natureza, un ser social que precisa a outras persoas para establecer relacións persoais que xeren certo benestar. Por este motivo, a soidade non desexada pode ser un dos sentimentos máis difíciles de afrontar. Para afondar na soidade, tanto na elixida como na imposta, o Concello organiza unha nova sesión dos ‘Cafés en Igualdade’, que durante este 2024 están a percorrer os barrios rosaleiros para falar de xeito cómodo e distendido sobre temas de interese e actualidade do máis diversos.

O «Trail Adventure Muíños do Folón» quenta motores cunha participación histórica

O Trail Adventure Muíños do Folón quenta motores para celebrar unha edición de récord. Preto de 600 deportistas de máis de 14 provincias de España e do norte de Portugal disputarán o vindeiro domingo 3 de marzo unha nova edición desta carreira, a segunda proba da Pontevedra Trail League.

A Guarda acolle un itinerario formativo de 120 horas de duración para a dixitalización de mulleres

O Concello da Guarda colabora no Programa de Formación para a dixitalización de mulleres Galegas Dixitais, acollendo 3 módulos de formación que darán comezo o 11 de marzo e durarán ata o 25 de abril de 2024. A formación realizarase na Guarda en horario de 09:00 h a 14:00 h.

O Club de Lectura ‘Tempo de Mulleres’ de Tui retoma a súa actividade o 1 de marzo

O Club de Lectura Feminista 'Tempo de Mulleres' retoma a súa actividade o próximo venres 1 de marzo, ás 19 h, no edificio Francisco Sánchez. Impulsado pola concellería de Igualdade conta coa colaboración da Asociación de Mulleres Feministas Berra e da Biblioteca Municipal. Reunirase mensualmente para compartir a lectura e análise de obras escritas por mulleres dende unha perspectiva de xénero. A data da reunión acordarase entre todas as mulleres participantes.

Tomiño segue rodeando os seus núcleos de vida

O Concello da un novo paso para facer de Tomiño un municipio máis verde, sostible e eficiente. O Goberno municipal deu este mércores o pistoletazo de saída á terceira edición da campaña para repoboar as 900 hectáreas de franxas secundarias con planta frondosa e autóctona, unha iniciativa coa que se busca rodear de vida o concello e blindalo ante posibles incendios forestais creando cortalumes naturais.

O PSOE da Guarda asegura que o goberno local do PP “non respecta as sentenzas xudiciais” evitando a apertura da rúa Baixo Muro

Despois de anos de procedementos e xestións impulsados polo anterior alcalde da Guarda, o socialista Antonio Lomba, cando a “conexión das rúas Baixo Muro e Ireira estaba a piques de executarse, o PP colleu o timón do concello guardés, e como está sucedendo con outras moitas xestións, os populares imposibilitaron tamén este proxecto. Neste caso renunciando a unha subvención da Deputación de 107.594,80 € destinada para este fin" asegura o PSdeG-PSOE guardés.

Tui despide o Entroido co Enterro do Bacallau

Tui prepárase para despedir o Entroido este domingo co Enterro do Bacallau que reunirá a máis de mil persoas participando activamente nunha festa que conta con gran tradición na cidade. Máis aló das persoas integrantes das doce comparsas que o martes participaron no Desfile-Concurso, son moitas outras as que neste día completamente vestidos de loito se suman á comitiva para acompañar ao bacallau. Son xa moitos os que dende primeira hora da mañá comezan a festa nas rúas de Tui, e participan en xantares protagonizados por pratos de bacallau.