Domingo, 20 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Programación de hoxe das Festas de San Telmo

Hoxe xoves, 13 de abril, dentro da programación das Festas de San Telmo haberá acrobacias e maxia, teatro e música.

A Guarda pide a colaboración cidadá para reducir o impacto da avespa velutina

Dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, pídese a colaboración cidadá nestas datas para detectar e notificar a presenza de niños de vespa velunita no noso municipio.

Costas do Estado reconstruirá parte da senda que une Tomiño e O Rosal danada polas inundacións

A reconstrución do tramo da senda peonil que une Tomiño e O Rosal danada polas inundacións do pasado mes de xaneiro comezarán en breve.

A unidade móbil de doazón de sangue estará en Oia o xoves 13 de abril

A unidade móbil de doazón de sangue visitará Oia este xoves 13 de abril. Permanecerá aparcada diante do Concello de 16.00 a 21.00 horas, a disposición de todas as persoas que queiran achegarse.

Juan Carlos García-Valdecasas e a Radio Municipal de Tui, premios ‘Cidade de Tui’ 2023

O cirurxián tudense Juan Carlos García-Valdecasas Salgado, na categoría individual, e a Radio Municipal de Tui, na modalidade colectiva, recibiron o pasado sábado os ‘Premios Cidade de Tui’ 2023, na gala celebrada no Teatro Municipal.

Aberto o prazo de inscrición para participar na III Mostra Creativa do Baixo Miño

O Concello da Guarda segue apostando polo emprendemento e por visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión.

Continúan as Festas de San Telmo en Tui

Teatro e música mañá mércores na programación das Festas de San Telmo. O grupo de teatro San Fins de Rebordáns estreará “A comisión da Valadas” no Teatro Municipal de Tui, ás 21:00 horas, na segunda xornada da XIII Semana de Teatro Amador.

Última acción formativa “EspecializAcción” para negocios locais da Guarda

O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Desenvolvemento Local remata neste mes de abril a oferta de accións formativas gratuítas dirixidas comercio, hostalería e empresas da vila.

Tui ofrece unha exposición con traballo dos primeiros catro fotógrafos da vila

Os catro primeiro fotógrafos que tiveron estudo en Tui, Maximino Antonio, Pedro Varela, Rosendo Bugarín Menoyo e Gonzalo Gutiérrez, son os protagonistas da mostra “As orixes da fotografía en Tui”.

O Rosal recoñece a dedicación ao deporte de Manuel Armán cun premio

Grande acollida da primeira edición do ‘Encontro co deporte’, un acto organizado polo Concello do Rosal co que se buscaba recoñecer o gran traballo das bases deportivas rosaleiras.

Tomiño, unha vila chea de arte

En Tomiño a arte e a cultura teñen un papel e un espazo destacado. Por este motivo, o vindeiro sábado 15 de abril, o concello conmemorará o Día Mundial da Arte con varias actividades coas que dar a coñecer a importancia da arte, da innovación e da creatividade na sociedade.

A música será a protagonista da xornada de mañá das Festas de San Telmo

Dentro da programación das Festas de San Telmo 2023, mañá martes día 11 a música volverá a ter protagonismo, xunto coa maxia e o teatro.