8.5 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaÚltima acción formativa "EspecializAcción" para negocios locais da Guarda

    Última acción formativa “EspecializAcción” para negocios locais da Guarda

    O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Desenvolvemento Local remata neste mes de abril a oferta de accións formativas gratuítas dirixidas comercio, hostalería e empresas da vila.

    As accións formativas de “Especializacción” contan cun total de 5 obradoiros, que foron os que espertaron maior interese polos diferentes profesionais do comercio, hostalería e empresas da vila nunha enquisa que se realizou entre todos eles.

    Estes obradoiros están enmarcados na campaña de apoio a o comercio e hostalaría local, iniciada xa no ano 2021.

    Este martes día 11 de abril terá lugar o penúltimo obradoiro de “EspecializAcción” en horario de 20:30 h a 22:30 h da man do Community manager Jorge Alonso Daldea, que tratará sobre Publicidade en Facebook e Instagram. As prazas están xa cubertas.

    E para rematar as primeiras accións formativas de “EspecializAcción” desta primeira parte do ano 2023, na xornada do 18 de abril en horario de 20:30 h a 22:30 h terá lugar na Casa dos Alonso o Obradoiro de Posicionamento SEO para páxinas web e tendas online, impartido por Jorge Alonso Daldea.

    Aínda quedan prazas libres para o obradoiro do 18 de abril, polo que todos os empresarios poden aínda realizar unha inscrición previa chamando ao 986610000 ou remitindo un correo electrónico a conserje@aguarda.es, ata dous días antes da acción formativa ou ben ata completar o aforo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.